Infórmase da apertura da 11ª Convocatoria das Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.
Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua.
- O programa está becado ao 100% e inclúe:
- Programa de 20 clases de inglés semanais.
- Material didáctico.
- Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
- Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
- Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colegio.
- Teléfono de emerxencia 24 horas.
- Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
Os requisitos para solicitar a bolsa son:
- Idade mínima 14 anos.
- Media académica de polo menos 6 puntos.
- Estar matriculado neste curso nalgún destes estudos: ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doctorados incluídos).
- Ter nacionalidade de calquera país da UE.
O prazo de solicitude para esta bolsa finaliza o 21 de abril. Se teñen calquera dúbida pódena consultar no noso apartado de preguntas frecuentes, respondendo a este e-mail ou no noso chat en liña.