Consideracións relevantes a ter en conta do PROTOCOLO ABAU 2024:
- Lugar de realización para alumnado sen adaptación de necesidades educativas especias: Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Cidade). Rúa Torrecedeira nº 86. Vigo CD:27 Código CiUG: 4407 Código Xunta:36011592. A Comisión delegada para alumando NEAE está por determinar.
- Haberá carteis informativos ben visibles coa identificación das comisión delegada, aulas...
- O alumnado deberá estar presente ás 9:00 horas e acudir coa antelación suficiente de acordo co horario determinado para cada un dos exames.
- O alumnado que detecte erros na matrícula deberá comunicalo á presidencia da comisión delegada no momento da presentación; as modificacións de matricula deben ser solicitadas utilizando o formulario correspondente. Comentarllo previamente ao profesor acompañante do noso centro.
- Formaranse filas, mantendo distancias e o alumnado será chamado a viva voz e colocado no seu posto na aula polos vogais. Este posto será o mesmo para tódalas probas.
- Recibiredes xogos de etiquetas adhesivas. Non se recollen exames sen etiquetas. Revisade que teñan ben os datos.
- Levar sempre o DNI (sen caducar) xunto cas etiquetas identificativas.
- Pódese levar botella de auga sen etiqueta.
MATERIAIS: Exclusivamente bolígrafos negros ou azuis non borrables.
-Dicionario latín/español ou galego para o exame de Latín II, con apéndice gramatical, pero sen páxinas de contidos literarios, que, no seu caso, deberán ser extraídas ou grampadas. Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal.
-Dicionario de grego/español ou galego para o exame de Grego II, con apéndice gramatical. Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal.
-Material de debuxo, pintura e complementario para os exames que impliquen deseño, debuxo técnico ou artístico e técnicas gráfico-plásticas. Material indicado nas circulares, directrices e orientacións dos respectivos Grupos de Traballo.
-Calculadora, sen capacidade de programación e sen capacidade gráfica, para os exames de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Física, Química, Empresa e deseño de modelos de negocio e Ciencias xerais. Os membros da comisión delegada poden comprobar se a calculadora cumpre os requisitos; de non ser así, será retirada e non poderá ser substituída por outra.
-Non se poderá acceder á aula con teléfono móbil, reloxo ou calquera outro dispositivo electrónico activados. De darse o caso, poderá ser obxecto de medida disciplinaria (expulsión da aula, cualificación do exame con 0 puntos ou anulación total da proba). Tampouco poderá utilizar ningún dispositivo de escoita non autorizados.
- O alumnado poderá introducir na aula unha mochila, carteira ou bolsa de deporte.
- Deberá manter despexados os pavillóns auditivos para comprobación de non ter ningún aparello non permitido.
- Unha vez distribuídos os exames, o alumnado deberá permanecer na aula polo menos 30 minutos.
- O alumnado que desexe abandonar a aula sen realizar o exame deberá entregar a algún dos vogais o caderno de exame (contén 7 páxinas A4 en branco) pero debidamente etiquetado, así como o folio cos enunciados do exame.
- Ninguén pode dispoñer dos enunciados dos exames. Poderán verse na web da CIUG ao remate de cada xornada.
- Haberá reloxos visibles para levar un control do tempo no exame.