Axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o curso 2024-25
- Bolsas e axudas |
- Orientación |
- 1º ESO |
- 2º ESO |
- 3º ESO |
- 4º ESO |
- 1º bacharelato |
- 2º bacharelato |
- ESA 3 |
- ESA 4 |
- 1º bach. adultos |
- 2º bach. adultos
As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo (NEAE) derivado dalgunha das seguintes situacións de tódalas etapas educativas que se cursan neste centro e presente a seguinte documentación xustificativa:
- Discapacidade: Certificado de discapacidade igual ou superior ao 25%
- Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe:
- Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base e do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma ou Certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, do departamento de orientación do teu centro educativo ou da comunidade autónoma. O certificado debe axustarse ao modelo que obterás cando enchas o formulario.
- Informe dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación para indicar que tipo de asistencia necesitas, duración etc.
- Certificado do inspector de zona para acreditar que necesitas estes tratamentos porque esta axuda non a ofrece o teu centro ou porque non podes matricularche nun centro no que se preste.
- Memoria do centro onde vas recibir a reeducación que informe sobre as características do tratamento, a súa duración e o custo.Declaración responsable da persoa que vai impartir a reeducación. Debe acreditar que ten a formación necesaria para iso.
- Trastorno do espectro autista:
Certificado médico dos servizos de saúde sostidos con fondos públicos e Certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, do departamento de orientación do teu centro educativo ou da comunidade autónoma. O certificado debe axustarse ao modelo que obterás cando enchas o formulario.
- Altas capacidades:
Presentar un informe do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación do teu centro educativo para indicar que tipo de asistencia necesitas, a duración, etc. Este informe debe axustarse ao modelo que aparece co impreso de solicitude cando enchiches o formulario en liña e Memoria do centro que imparte o programa ao que vas asistir que informe sobre as características do tratamento, a súa duración e o custo.
Para ter dereito a recibir as axudas, a túa unidade familiar non debe superar a renda anual (a presentada no 2023) que marca a táboa da convocatoria. Por exemplo, se a túa familia formádela 4 persoas e a renda familiar é menor que 31.801 € ao ano, terías dereito a recibir as axudas.
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.