No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estase a realizar a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).
Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Así mesmo, recórdase que nesta enquisa participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado, profesorado, persoal non docente e familias- e que para cumplimentar a enquisa precísase unha clave de acceso ao cuestionario do seu colectivo.
Enquisa para as familias - Prema aquí
Enquisa para o alumnado de ESO/ESA - Prema aquí
Enquisa para o alumnado de Bacharelato - Prema aquí
Información e instrucións