Skip to Content

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Información excursión 4º ESO

Debido ás circunstacias excepcionais derivadas do COVID-19, a excursión didáctica de 4º ESO queda anulada. O instituto está intentando xestionar coa axencia todo o referido á devolución das cantidades aportadas polo alumnado. A axencia ten que realizar unha serie de trámites á súa vez coa empresa maiorista contratada xa que o pago das reservas de albergue, actividades e viaxe xa foi realizado con anterioridade.

Vigo en Inglés - Concello de Vigo

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes (pendente de publicación en BOP) está previsto que comece o luns 16 de marzo e remate o 30 de marzo.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información en https://www.vigoeningles.org/

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Concurso de Clases sen Fume 2º ESO

Presentamos as actividades creativas que fixeron os alumnos/as dos tres grupos de 2º ESO do IES Santa Irene neste curso 2018-2019 para o Concurso de Clases sen Fume, organizado pola Consellería de Sanidade e pola Asesoría de Innovación Educativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia.

As actividades que se presentan a continuación son:

  • Os slogans, que incentivan a disminución do consumo de tabaco.
  • As actividades creativas, en formato de vídeos que, promoven evitar o consumo de tabaco.

Te va a beneficiar no fumar

Alumnado de centros adscritos admitido en 1º de ESO

No arquivo adxunto aparecen relacionados alfabéticamente as alumnas e alumnos dos centros CEIP Canicouva e CEiP Pintor Laxeiro que están admitidos en 1º de ESO para o curso 2019-2020.

Programa Vigo en Inglés

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes comeza o luns 21 de xaneiro e remata o venres 1 de febreiro.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información www.vigoeningles.org

Xornadas de prevención de drogodependencias para 3º de ESO

Durante a semana do 14 ao 18 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO asistirá a varias sesións dun programa para prevención de drogodependencias, organizado por Vicedirección e o departamento de Orientación e impartido por persoas expertas do Concello de Vigo.

Becas fundación Amancio Ortega

Está aberto ata o día 30 de outubro (13:00 horas) o prazo para solicitar unha das 600 becas para estudar 1º de bacharelato en Estados Unidos que convoca a fundación Amancio Ortega.

No seguinte enlace pódese consultar toda a información.

https://becas.faortega.org/

Aprazamento reunión coas familias de 4º ESO

Ante o pouco tempo transcurrido desde que boa parte do alumnado incorporouse ao curso por mor da súa estancia en Inglaterra, decidimos aprazar a reunión coas familias de 4º de ESO, programada inicialmente para o luns 22 ás 19:00 horas, para o luns 29 de outubro, tamén ás 19:00 horas.

 

Concurso de Clases sen fume 2º ESO

Presentamos as actividades creativas que fixeron os alumnos/as de 2º ESO do IES Santa Irene neste curso 2017-2018 para o Concurso de Clases sen fume, organizado pola Consellería de Sanidade e pola Asesoría de Innovación Educativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia.

As actividades que se presentan a continuación son:

  • Os slogans, que incentivan a disminución do consumo de tabaco.
  • As actividades creativas, en formato de vídeos que promoven evitar o consumo de tabaco.

Cigarrillo

Distribuir contido


by Dr. Radut