Skip to Content

Información excursión 4º ESO

Debido ás circunstacias excepcionais derivadas do COVID-19, a excursión didáctica de 4º ESO queda anulada. O instituto está intentando xestionar coa axencia todo o referido á devolución das cantidades aportadas polo alumnado. A axencia ten que realizar unha serie de trámites á súa vez coa empresa maiorista contratada xa que o pago das reservas de albergue, actividades e viaxe xa foi realizado con anterioridade. Por esta razón, esta situación levará o seu tempo e posiblemente, haberá unha serie de gastos derivados das cancelacións. Calquera información particular que necesitedes realizar podedes comunicaros directamente coa axencia de viaxes ou co instituto.



story | by Dr. Radut