Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Instrucións sobre aspectos organizativos da proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Publicada a Resolución do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24.

Esta avaliación realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios oficiais de grao.

Máis información: prema aquí

Aviso Entroido 2023

O centro permanecerá pechado os días 20 e 22 de febreiro de 2023. Lembren que o día 21 de febreiro é festivo. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto co centro poden facelo empregando o enderezo electrónico ies.santairene@edu.xunta.gal.

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos.

Todo o alumando que solicitou a reserva de praza no centro adscrito resultou admitido
Reserva curso 2023/2024

CONVOCATORIA PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO (CURSO 2022-23)

RESOLUCIÓN do 27 xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A)

O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 16 de marzo para a convocatoria de maio.

 

Convocatoria de bolsas para inmersión lingüística en inglés

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2023.

Mais información premendo aquí

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (Axudasle)

Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Mais información premendo aquí

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN (NOCTURNO)

                                 2º BACHARELATO

ENTREGA DE NOTAS

As notas publicaranse en ABALAR o mércores, día 15 de febreiro, ás 20:00 horas e entregaranse e formato físico, por parte dos/as titores/as, o xoves, día 16 de febreiro, no seguinte horario:

 

Entrega de cualificacións 2ª avaliación (Diúrno)

Programa El Orienta

El Orienta é un programa dixital de orientación vocacional desenvolvido por Julián Sábada.

Nel, ademais de atopar información sobre os diferentes estudos e condicións de acceso, poderedes facer un test de orientación académica segundo o teu curso e os resultados recolleráse nun Consello Orientador e ademáis mostará o itinerario formativos que debes seguir para acadar dita profesión laboral.

 

Preme en El Orienta 2022-23 e xa podedes comenzar

Bo Traxecto!

Listaxe definitiva Probas de nivel lingüístico 2022-2023

Publicada no tablón de anuncios a listaxe definitiva de bolsas e taxas de exame do alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico no curso 2022-2023.

O período de pago das taxas de exame comezará o xoves, día 19 de xaneiro de 2023, e rematará o venres, día 27 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.



by Dr. Radut