Por corresponderlle no curso 2014-15 a renovación do consello escolar do IES Santa Irene, desde esta dirección comunícase que queda aberto o proceso de eleccións dos representantes dos distintos sectores desta comunidade educativa e dáse información do seu desenvolvemento para os representantes do alumnado e do sector dos seus pais e nais nos arquivos adxuntos.
No taboleiro do centro está exposto o censo electoral do sector de pais/nais e alumnado co obxecto de que os interesados/as poidan facer as comprobacións que consideren pertinentes.