Skip to Content

Convócase a I edición do English Photo Contest

O IES Santa Irene convoca a I edición do English Photo Contest de acordo coas seguintes

Bases

Participantes

Poderá participar todo o alumnado do centro. A participación neste concurso suporá a total aceptación destas bases.

Tema

As fotografías presentadas deberán ter algunha relación co idioma inglés.

Condicións de presentación

  • Cada concursante poderá presentar unha imaxe orixinal e inédita. Non se admitirán, polo tanto, fotografías descargadas de internet.
  • As fotografías presentaranse en ficheiros JPG de 3 MiB como máximo cos metadatos orixinais e acompañadas dun título que se indicará separadamente no formulario de envío.
  • As fotografías non poderán ser retocadas ou alteradas con programas informáticos de edición de fotografía. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Permitiranse correccións de cor e luminosidade, así como a redución das dimensións orixinais.
  • As fotografías deberán enviarse mediante o formulario de participación no English Photo Contest.
  • O prazo de presentación das fotografías remata o venres día 27 de marzo ás 14 horas.
  • Unha vez rematado o prazo, as fotografías recibidas reduciranse automaticamente a unha resolución máxima de 1200×1200 píxeles e publicaranse na páxina do centro en Google+, onde as valorará o xurado.
  • Os premios poderán quedar desertos se non se presentan fotografías que cumpran estas bases e teñan a suficiente calidade para merecelos.
  • Os concursantes ceden ao IES Santa Irene todos os seus dereitos sobre as fotografías presentadas a concurso.

Valoración

Á hora de elixir as fotografías premiadas valorarase:

  • a adecuación ao tema do concurso: o idioma inglés debe estar reflectido implícita ou explicitamente na fotografía
  • a creatividade, imaxinación, orixinalidade
  • a calidade fotográfica da imaxe

Xurado

O Xurado estará formado por profesorado do centro do Departamento de Inglés, Departamento de Educación Plástica e Departamento de Tecnoloxía.

Premios

Repartiranse tres premios en tarxetas regalo de El Corte Inglés:

  • 1º premio: 50 €
  • 2º premio: 30 €
  • 3º premio: 20 €

Ir ao formulario de participación no English Photo Contest



story | by Dr. Radut