Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Convocatoria dos premios extraordinarios da ESO

Convocáronse os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/2015. A normativa atópase na seguinte ligazón.

Concurso público para a xestión da cafetería

Convócase concurso público para a xestión da cafetería do IES Santa Irene.

O prazo para a presentación das propostas é do 2 ao 15 de xullo, ambos incluidos.

A información, especificacións técnicas e instruccións da Consellería se atopan no documento adxunto.

Libros de texto - Curso 2015/2016

Relación de libros de texto para o curso 2015/2016

Téñase en conta que algúns departamentos non utilizan libro de texto, xa que prefiren desenvolver os seus propoios materiais. Aparece indicado na propia relación de libros.

Parabéns Kenya!

A alumna Kenya Fernández Uganda, de 1º de ESO A, foi seleccionada para o programa ESTALMAT despois de realizar a proba á que acudiron máis de 300 alumnos de toda Galicia. Foron 25 os afortunados e os que demostraron maiores destrezas na resolución de problemas de matemáticas, e entre eles está a nosa compañeira.

A partir do próximo curso acudirá os sábados á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela a traballar, disfrutar e aprender coas matemáticas xunto cos outros 24 seleccionados.

Parabéns Kenya!

Acta definitiva das probas libres da ESO maio 2015

Acta definitiva das probas libres da ESO da convocatoria de maio de 2015.

A partir do día de hoxe, 18 de xuño, poden pasar pola secretaría do IES Santa Irene a recoller os certificados académicos das probas libres da ESO da convocatoria de maio de 2015.

CONVOCATORIA DE SETEMBRO:

As persoas matriculadas en maio, poden presentarse na convocatoria de setembro sen matricularse de novo.

Datas de matrícula: 1 ao 10 de xullo de 2015 (inclusives).

Data do exame: 9 de setembro.

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato paro o curso 2014-15

Convocatoria 2015: Orde do 28 de maio de 2015 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014-15 (DOG).

Probas libres de ESO de maio 2015 - Acta de avaliación provisional

Acta de avaliación provisional das probas libres da ESO de maio de 2015.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 5 días hábiles. (ata o 16 de xuño, incluído).

Os seguintes alumnos deben consultar as súas cualificacións nos correspondentes Institutos onde se matricularon:

  • María Pilar Amoedo Estévez, na EPA Berbés.
  • Mónica Calado Leirós, na EPA Berbés.
  • Jorge Novelle Garrido, no IES Politécnico.

Axudas para adquisición de libros de texto e fondo solidario de préstamo

Convocatoria de Axudas para a Adquisición de Libros de  Texto en 1º e 3º de ESO e regulación do Fondo Solidario de préstamo de libros de texto en 2º e 4º de ESO.

Axudas para adquisición de libros de texto e fondo solidario de préstamo

Convocatoria de Axudas para a Adquisición de Libros de  Texto en 1º e 3º de ESO e regulación do Fondo Solidario de préstamo de libros de texto en 2º e 4º de ESO.

Instrucións para a Selectividade

No seguinte enlace tedes a presentación coas instrucións necesarias para asistir as probas de selectividade.



by Dr. Radut