Publicada a listaxe definitiva do fondo libros
Informamos de que xa foron publicadas as listaxes definitivas de fondolibros para o curso 2022/23. Estas listaxes poderanse consultar na aplicación fondolibros, identificándose previamente coa Chave 365 ou co certificado dixital. Así mesmo, estarán dispoñibles no taboleiro situado no interior do centro. Os libros de préstamo asignados entregaranse en setembro, co inicio das clases.
As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.