Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS
O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO. Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:
1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO 1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA 2º ESO IES “LAXEIRO: XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ 2º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: DANIEL CAGIDE RIVAS / SANTIAGO BUJÁN FERREIRA
Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:
3º ESO IES “LAXEIRO: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ 3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN 4º ESO IES “LAXEIRO: MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 4º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: BRYAN TREJOS RESTREPO / NICOLÁS VARELA GARCÍA
As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado. Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA e JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ e NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.
Noraboa aos nosos cadetes!Temos a satisfacción e o orgullo de contar entre o noso alumnado con algúns dos novos subcampións de España de balonmán, na categoría de Cadetes. Un grupo de alumnos que entende o deporte de equipo como sacrificio, competitividade... pero sobre todo deportividade! Revista escolar: Kcharela 9 --> Edición dixitalNova edición, estreamos novo número, o número 9 da nosa revista escolar "Kcharela" aquí tendes a edición dixital: Premede na ligazón --->>> https://sites.google.com/site/kcharela9 Concurso de Blog´s do IES Laxeiro: Blogalízate!BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego e das TIC´... agora e cando anunciamos: Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do I Concurso de Blog´s en galego! 1º premio: eoquepensoeninguenovaicambiar.blogspot.com ---->> Mónica Jacobo Torres (4º ESO ) 2º premio: maiscercadacompeticion.blogspot.com ---->> Iván Álvarez Portela (4º ESO )
aínda que estes foron os tres mellores, tamén chegaron a ser finalistas... odiariodenayara.wordpress.com/ ---> Jasmín ( 4º ESO ) unsorrisonanenez.wordpress.com/ ---> Ana Belén ( 1º BAC ) lugaresfermosos.wordpress.com/ ---> Antía ( 1º BAC ) un saúdo, e vémonos para a entrega de premios! O IES Laxeiro premiado no IV Concurso Galego de RobóticaOs alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º Bacharelato do IES Laxeiro de Lalín acadaron o segundo premio no IV Concurso Galego de Robótica. Celebrando o Ano Galego da Tecnoloxía 2012, o Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". Realizouse durante os días do 16 ao 20 de abril en Lugo. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. 23 de abril: Día internacional do LibroO día 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro no Laxeiro.
Os monitores de 3º y 4º Diversificación que se encargaron dos obradoiros coa axuda das profesoras Ester González y Sara Castro.
» Visita á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda (A Coruña)O pasado xoves, día 12 de abril de 2012, alumnado de 1º de bacharelato da materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo acompañados de tres profesores, realizaron unha visita didáctica á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA no Concello de Cerceda.
» O grupo 4º ESO A acadou o 2º posto no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRASO alumnado de 4º ESO-A do noso centro acadou o segundo posto na edición número 20 do Rallye Matemático sen Fronteiras no que participaron uns 50 grupos de alumnos de Galicia. O día 13 de abril desprazaranse a Santiago para recibir os seus premios. » O IES Laxeiro gaña de novo! Campeón do Parlamento Xove 2012.O equipo do IES Laxeiro formado por Celia Varela, Alba Vázquez, Nerea Vila e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, son de novo campións no concurso de debate Parlamento xove 2012 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Actividades -aprendizaxe Linguas estranxeiras. Convocatoria 2012
Inmersión lingüística ano 2012
|
Novos números
|