23 de abril: Día internacional do Libro

O día 23  de abril celebramos  o Día Internacional do Libro no Laxeiro.

Os monitores  de 3º y 4º Diversificación que se encargaron dos obradoiros coa axuda das profesoras Ester González y Sara Castro.

O equipo da Biblioteca do noso centro coordinou varias actividades para que este día non caera no esquecemento e literalmente tomouse ao asalto as instalacións da Biblioteca.

Coa axuda artística de José Manuel Nóvoa,  o noso conserxe- fotógrafo, montamos unha exposición fantástica con fotos en branco e negro nas que o libro e a lectura eran as protagonistas. Durante dúas semanas  poderase visitar. Acércate á Biblioteca e bota unha ollada.

O mesmo día  23, os alumnos de 1º de ESO asistiron a varios obradoiros  onde intentouse que o mundo do libro e as bibliotecas no tiveran segredos para eles. Os talleres tiveron un toque especial  xa que eran alumnos de 3º y 4º de Diversificación os que traballaron como monitores. Alumnos ensinando a alumnos! Unha experiencia diferente para todos!

 As partes dun libro, unha ruta por bibliotecas do mundo,  unha aproximación a libros curiosos e antigos  da nosa biblioteca,  así coma  o achegamento ao  libro electrónico ocuparon toda a mañá do luns 23 para os rapaces e rapazas de 1º ESO.

Grazas a todos os quede dunha ou outra maneira fixérono posible.         

                                                                                                                              Equipo da Biblioteca do IES Laxeiro

Os libros liberan o pensamento                                                                 

 

“Colgados dos libros”