Oferta Educativa

Oferta Educativa do IES Laxeiro

A Oferta Educativa do noso centro está dispoñible no aplicativo se Servizos Centrais na Consulta: centroseducativos (xunta.gal)

Profesorado Electricidade - Oferta Educativa


Nome e Apelidos Cargo / Titoría
Roberto Eiriz Seijas Profesor
Francisco Javier Cortés Titor 1º FP Básica 
Ramón González Mato Profesor
José Luis Sánchez Sarandeses Titor 1º C.M. Elect.
José Ramón Silva Torres 

Titor 2º C.M. Elect.

Xefe de departamento


Temos unha Ligazón a un tríptico informativo en versión PDF , fai Click ---- > Descarga o Documento - Tríptico Informativo

E un Vídeo Promocional do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos

O teu navegador non soporta este vídeo.

Código QR para visualizar dende o teu dispositivo móvil

Código QR do Vídeo Promocional Ciclo Medio de Electricidade

 


IMPORTANTE: Información a familias e alumnado - Concrecións curriculares da ESO e Bacharelato adaptadas á LOMLOE

Información a familias e alumnado

As Concrecións Curriculares de ESO e Bacharelato están adaptadas á LOMLOE e á Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación  de Educación Primaria, Educación Secundaria  Obrigatoria e de Bacharelato  no sistema educativo de Galicia (DOG 11/02/2022)

  • MODIFICACIÓN DOS APARTADOS DE AVALIACIÓN CURSO 2021/22.

ADENDAS ás programacións didácticas no apartado de avaliación consecuencia da ORDE 25 xaneiro 2022.

 


Equipo Directivo

IES Laxeiro

Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas - Oferta Educativa do IES Laxeiro

Xa temos imaxe renovada e vídeo explicativo sobre o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas da Familia Profesional de Electricidade. Seguimos actualizando a Oferta Educativa do noso centro.

Podedes descargar o Tríptico Informativo!  [Ficheiro adxunto].

Ademais, contamos cun vídeo cortiño, explicativo e resumido...

 

 

Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2021

Convocadas as probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores do ano 2021. No portal www.edu.xunta.es/fp pódese consultar toda a información relativa a esta convocatoria. Nos arquivos adxuntos podedes informarvos de todo o relativo ao proceso desta convocatoria.

Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2021 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da
aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón:
(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".

A aplicación informática Ciclosprobas para a convocatoria 2021 estará dispoñible desde o día 18 de febreiro.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de  grao superior comenzará o 18 de febreiro e finalizará o 3 de marzo de 2021.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de  grao medio comenzará o 15 de marzo e finalizará o 26 de marzo de 2021.

 

- Orde do 21de xaneiro de 2021 que regula a convocatoria

- Calendario do proceso

- Información Probas de acceso a Ciclos Superiores

- Información Probas de acceso a Ciclos Medios

_ Guía do asistente informático grado superior

- Guía do asistente informático grado medio

 

Aberto o prazo para cursar estudos de adultos tanto na ESA como Bacharelato no IES Laxeiro

Ata o 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse e matricularse en estudos de ESA e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Ciencias Sociais no IES Laxeiro de Lalín.

Os/as intersados/as poden acudir tanto a Xefatura de Estudos coma Secretaría e Dirección para informarse das diferentes ofertas que poden solicitar para o curso escolar 2016-2017.

Tanto a circular 4/2016 que regula o Bacharelato de adultos como a Circular 5/2016 que desenvolve a ESA explican o funcionamento destes estudos.

- Impreso de inscrición e matrícula na ESA

- Impreso de inscricción en Bacharelato

 

A Escola Cooperativa Móbil no IES Laxeiro de Lalín

A semana do 16 ao 20 de maio, os alumnos do IES Laxeiro de Lalín asistirán ás sesións da Escola Cooperativa Móbil, dentro da programación da campaña de divulgación das cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar. Os monitores especializados na materia exporán a alternativa do cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral e guiarán aos estudantes no desenvolvemento de proxectos cooperativos, a través de charlas e obradoiros

Distribuir contido