Ciclo formativo de grao superior
|
Duración: 2000 horas
|
Que se aprende a facer?
Programar e organizar a realización dos plans de mantemento de maquinaria e equipo industrial, partindo da documentación técnica. Coordinar e supervisar a execución dos procesos de mantemento e realizar a instalación en planta da maquinaria e equipo industrial e a posta a punto dos mesmos, optimizando os recursos humanos e medios dispoñibles, dándolles soporte necesario aos técnicos de nivel inferior e conseguindo os niveis de calidade e condicións de seguridade establecidas e de normalización vixente. Desenvolver proxectos de modificación ou de mellora da maquinaria a partir do anteproxecto, de acordo coas normas establecidas e garantindo a viabilidade da fabricación.
En qué ámbitos se traballa?
Enxeñaría planificación, programación, compras, execución e control de calidade e loxística de mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial; instalación e montaxe en planta de maquinaria e equipo industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico en instalacións e montaxes de equipos industriais. Técnico en organización do mantemento.
Módulos |
Horas
|
Calidade no mantemento e na montaxe de equipos e instalacións
|
90
|
Elementos de máquinas
|
80
|
Formación e orientación laboral
|
55
|
Formación en centros de traballo
|
380
|
Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción |
165
|
Montaxe e mantemento do sistema mecánico
|
185
|
Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico
|
185
|
Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático
|
130
|
Plans de seguridade no mantemento e na montae de equipos e instalacións
|
55
|
Procesos e xestión do mantemento
|
110 |
Proxectos de modificación do equipo industrial
|
165 |
Relacións no contorno de traballo
|
55 |
Representación gráfica en maquinaria
|
110 |
Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe |
160 |
Que título se obtén?
Técnico superior en mantemento de equipo industrial
A que outros estudos se pode aceder?
Diplomado en máquinas navais; Diplomado en navegación marítima;Diplomado en radioelectrónica naval;Enxeñeiro técnico aeronáutico;Enxeñeiro técnico agrícola;Enxeñeiro técnico de minas;Enxeñeiro técnico de obras públicas;Enxeñeiro técnico en deseño industrial;Enxeñeiro técnico en informática;Enxeñeiro técnico forestal;Enxeñeiro técnico industrial;Enxeñeiro técnico naval;Licenciado en física.