Consello escolar

Programacións Didácticas e contidos mínimos - Curso 2021-2022

Nas seguintes ligazóns, pódese descargar ás Programacións Didácticas de cada Departamento/Área do curso escolar 2021 / 2022. Igualmente se pode consultar a través do apartado Documentación de cada Departamento ou Área.

 

Fai Click na icona da carpeta para acceder a todas as Programacións didácticas.

Icono De La Carpeta Vectores, Iconos, Gráficos y Fondos para Descargar  Gratis

 

 

Aviso: Xa se poden recoller os Vales para adquirir material escolar

 

Xa se poden recoller os Vales para a compra de Material Escolar na secretaría do noso centro.

O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 13:00. 

 

Equipo Directivo

IES Laxeiro

CALENDARIO FIN DE CURSO 2020 - 2021

 

Día 22 de xuño: Remate de clases

 

Días 22 e 23 de xuño: Avaliacións

 

Día 23 de xuño: Entrega de notas Adultos [20:00 a 20:30 horas]

 

Día 24 de xuño: Entrega cualificacións de ESO, Bacharelato, CICLOS e FP Básica [12:30 a 13:00 horas] - (Non haberá transporte escolar).

 

Días 25, 28 de xuño: Reclamacións ás cualificacións en ESO, BACH, CICLOS, Adultos e FP Básica

 

DIRECCIÓN

Renovación parcial do Consello Escolar do IES Laxeiro Novembro 2020

De acordo coa Resolución do 30 de setembro de 2020, DOG do 8 de outubro, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Educación establécese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Por este motivo, desde a Dirección do centro comunícase que durante o mes de novembro vai ter lugar o proceso de renovación de membrops do Consello Escoplar do IES Laxeiro. Nesta renovación parcial de 2020 se van elixir: seis postos de profesorado, dos cales dous serán vacantes, un membro do sector Pais/Nais representando a ANPA do centro, dous membros do sector do alumnado e un membro de Administración e Servizos.

O día 4 de novembro vai ter lugar a constitución da Xunta Electoral, órgano que regulará todo o proceso de renovación e que estará formada polo Director do centro e catro representantes dos diferentes sectores da Comunidade que serán elixidos por sorteo público o día 26 de outubro no Salon de Actos do IES Laxeiro.

Na súa primeira convocatoria aprobará o calendario do proceso e publicará os correspondentes censos dos diferentes sectores que participan no citado proceso de renovación.

Os listados do censo estarán expostos no taboleiro do centro.

A partires dese día iranse publicando, nesta mesma canle, as diferentes informacións que a Xunta Electoral vaia anunciando.

_ Constitución da Xunta Electoral

- Calendario de eleccións ao Consello Escolar

- Información dos diferentes sectores que participan no proceso

- Proclamación de candidaturas

- Circulares informativas

- Candidatos electos

- Constitución do renovado Consello Escolar

Plan Programa Alerta Escolar

1442856164310_860_1000_U_74d4fbce1979ff83995a5dd5d558732b.jpg

¿Qué é?

É un programa posto en marcha dende o 2007-08 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

 

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico queconte con coñecementos do alumnado con esta problemática.

 

 

¿A quen afecta?

A alumnado que presente:

-alerxias         -epilepsia -diabetes

Dado que no centro  existen estas patoloxías, informamos ao conxunto da comunidade educativa e especialmente ás familias, para que coñezan o programa e o soliciten, se o desexan.

 

¿Cómo inscribirse?

1.-Aportar informe médico co diagnóstico e recomendacións asistenciais.

2.-Cubrir o formulario de Alerta Escolar coa declaración de conformidade de rexistro dos datos  do menor.

3.-O centro tramitará o expediente con Urxencias Sanitarias 061.

¿Cómo procede o 061?

1.-Contacta co centro para confirmar o rexistro do menor.

2.-No caso de que o menor precise algunha especialidade farmaceútica (adrenalina, prednisona….), deberá ser aportada pola familia co nome do alumno/a rotulado e renovala cada curso.

3.-No caso de emerxencia, crise… o centro contactará co 061, facilitará o estado do menor e o persoal médico fará indicacións de cómo atender a emerxencia ademáis de movilizar o recurso preciso (ambulancia…) e indicar canto tardará en chegar ao centro.

 

alerta escolar.jpg

 

Este documento é informativo polo que as familias ou membros da comunidade educativa interesados, deben comunicarse con orientación (886 15 19 45).

Dado que se trata de información sensible (datos médicos de menores), manterase o debido sixilio e confidencialidade dos datos (protocolo de protección de datos en educación).Este documento está incluído no PAT dentro do apartado de ámbitos de actuación: familias e consúltase en http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/ no apartado pais/nais

Renovación parcial do Consello Escolar do IES Laxeiro Novembro 2018

De acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, DOG do do 8 de outubro, as  Direccións xerais de Recursos humanos e Formación Profesional e Innovación educativa da Consellaría de Educación establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Por ese motivo desde a Dirección do centro comunícase que durante o mes de novembro vai ter lugar o proceso de renovación de membros do Consello Escolar do IES Laxeiro polo que nesta renovación se van elixir : tres membros do profesorado, dous membros so sector pais/nais e tres membros do sector do alumnado.

O día 5 de novembro vai ter lugar a constitución da Xunta Electoral, órgano que regulará todo o proceso de renovación e que estará formado polo Director do centro, e representantes dos diferentes sectores da Comunidade e que foron elixidos por sorteo celebrado o pasado día 25 de outubro. . Na súa 1ª convocatoria aprobará o calendario do proceso e publicará os correspondentes censos dos diferentes sectores que participen no citado proceso de renovación.

Os listados dos censos estarán expostos no taboleiro do centro

A partires dese día iranse publicando neste mesmo canle as diferentes publicacións que nas diferentes reunións da Xunta Electoral se decidan.

Lexislación: Decreto 324 de 1996 ROC

                  Decreto 92 de 1988

Constitución da Xunta Electoral

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Información para o profesorado

Información para pais/nais

Información para o alumnado

Candidatura de profesorado(Impreso)

Candidatura de pais/nais(Impreso)

Candidatura de alumnado(Impreso)

Proclamación de candidaturas

Circular de pais/nais

Circular de alumnado

Circular de profesorado

Candidatos electos

Constitución do novo Consello Escolar do IES Laxeiro

 

Calendario renovación parcial Consello Escolar

Tras a reunión de constitución da Xunta Electoral e celebrada a 1ª reunión, aprobouse o calendario de renovación do Consello Escolar do IES Laxeiro que vai ter lugar durante o mes de novembro.

Calendario de renovación

Distribuir contido