Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
EscolaresO Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos... ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA - CSAF EN SETEMBRO E OUTUBRO 25/10/2024 15:20
Europe/Madrid
Neste inicio de curso o departamento de EF ven de desenvolver en colaboración co equipo directivo e outros departamentos do IES Laxeiro 3 actividades dirixidas a fomentar a actividade física saudable e aumentar a súa práctica. Amosamos algunhas imaxes destas 3 actividades: 1. ACONDICIONAMENTO FÍSICO CON ALUMNADO POLONÉS Actividade diseñada e dirixida polo alumnado de 2º do CSAF e coordinada polo docente J. Sueiro. Participaron un total de 30 alumnos, 15 de 4º da ESO do IES Laxeiro e 15 poloneses que participan nun programa de intercambio entre centros.
2. INICIACIÓN AO RUGBY CO CLUB RUGBY CORETI LALÍN Actividade realizada con todo o alumnado da ESO e dirixida por Angel Piñeiro, adestrador do Club Rugby Coreti Lalín.
3. Xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO Trátase dunha actividade na que pretendemos que o novo alumnado do Laxeiro se coñeza e interaccione, utilizando o exercicio físico como ferramenta. Contamos de novo co traballo do alumnado de 2º do CSAF e a coordinación do docente dos módulos de Fitness en sala polivalente e Habilidades sociais, Javier Sueiro.
Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
En base a O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet. O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.
» ACTIVIDADE DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS 17/11/2023 15:43
Europe/Madrid
Boa participación do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Laxeiro na fase zonal da actividade deportiva de Campo a través. Un total de 140 alumnas/os do Laxeiro compartiron unha boa máñá deportiva no recinto ferial da Semana Verde de Silleda. Deixamos unha pequena mostra dos podiums nos que tivemos ampla representación. TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE 25/06/2023 09:01
Europe/Madrid
Deixamos imaxes dalgunhas das novas que incluímos este curso 22/23 no TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. DESPEDIDA DEPORTIVA DO CURSO 22-23 24/06/2023 09:56
Europe/Madrid
En feminino e plural, así rematamos este curso cunha actividade deportiva organizada por Manuel Hermo (departamento de inglés) e Xosé Pedreira (departamento de EF). Torneo de fútbol 6 con máis de 60 alumnas dos 4 cursos da ESO que deron unha lección (ao colectivo masculino de alumnos e profesores) de comportamento, esforzo, competividade e respecto. Parabéns a todas as participantes e un agredecemento ó labor arbitral de Rubén e Jorge (departamento de Historia). Bo verán. Sen medo a medrar! "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. Divulguemos estas palabras para ir medrando coa lingua!
Este proxecto foi realizado por: IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González CuñarroCEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso
» ACTIVIDADES DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO IES LAXEIRO 14/06/2023 08:03
Europe/Madrid
AO LONGO DESTE CURSO 22-23 O DEPARTAMENTO DE EF DO IES LAXEIRO DESENVOLVEU DISTINTAS ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE QUE INTEGRAN O "PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA", PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ENGLOBADO NO PLAN PROXECTA. DEIXAMOS ALGUNHA MOSTRA GRÁFICA DAQUELAS ACTIVIDADES QUE NON TIVERON UNHA ENTRADA ESPECÍFICA NA WEB DO IES: 1. XOGOS TRADICIONAIS NO IES CON MATERIAL DE REFUGALLO E MATERIAL CREADO POR ARTESÁN LOCAL (LUIS IGLESIAS-LUCHI) 2. XOGOS DE EQUIPO CO ALUMNADO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO 3. RECREOS ACTIVOS: CAMPIONATOS 4. TABLÓN INFORMATIVO AF & SAÚDE & INVESTIGACIÓN Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023. Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto. » Proba de Competencia Dixital alumnado de 4º ESO - Curso 2022-2023COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
» |
Novos números
|