Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
2º B.A.C.Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
En base a O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet. O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.
» Convocatoria Extrordinaria: Datas das Probas - Bacharelato e FP BásicaPublicamos as Datas das Probas da Convocatoria Extraordinaria de Formación Profesional Básica e de Bacharelato. Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional FP Básica.
» VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO E PÓRTICO DA GLORIAAlumnado Historia Da Arte de 2º BAC.Curso 2021-22
O día 28 de xaneiro o alumnado de Arte acompañado pola súa profesora, María Soledad Milmanda Cajaraville e polo profesor Jorge Fuentes Montoto visitaron a impresionante Catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria. Admiramos a magnífica restauración levada a cabo, desfrutando da policromía do Pórtico do Mestre Mateo.
Contemplamos a impoñente fachada do Obradoiro e bordeamos a Catedral descubrindo a cabeceira e a única fachada románica, a de Praterías.
Tras o parón da pandemia que nos impediu o curso pasado realizar esta actividade, foi un enorme pracer retomala, nun curso onde contamos cun numeroso grupo de Arte.
Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.
Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
PINTURA “A PLEIN AIR”O venres día 28 de maio, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, experimentou a sensación da pintura ao aire libre, como os Impresionistas do século XIX. O sol, o vento, os tonos de cor son distintos pintando o aire libre e os resultados e as sensacións son espectaculares.
Aquí vos deixo o resultado en fotografías.
» Acto de Graduación "telemático" do noso Alumnado de 2º Bacharelato 2020-2021O alumnado de 2º de bacharelato quere facervos chegar a invitación, sobre todo para as familias, ao acto de graduación que se
A ligazón para o seu acceso e seguimento é: https://www.youtube.com/channel/UC37mC5F59cCeFIUqMFFnoIQ (facer Click na Ligazón!) Pedimos desculpas ás familias por non poder celebralo de xeito presencial, pero debemos manter as normas... e mais aínda neste curso tan intenso para eles e elas...
A Dirección do IES Laxeiro » Proxecto Club de Ciencia - Medidor de CO2 na Aula -> aplicación IoT Internet das CousasEstamos probando o monitoreo dun medidor con dous sensores de CO2. O sensor está na aula de 2º Bach B. As medidas son as últimas 300... en tempo real!
Na primeira semana, dos tres días monitorizados da Aula de 2º Bacharelato-B, podemos sacar algunhas conclusións. Analizando os datos obtidos: 1.- Obsérvase que a calidade do Aire da Aula a primeira hora da mañán é moi aceptable. 2.- Obsérvase perfectamente que tanto nos cambios de clase como nos recreos, a ventilación da aula con tan só uns minutos son necesarios para renovar e mellorar a calidade do Aire. 3.- Obsérva que durante algunhas sesións de clase no se ventila, pechan as fiestras... e rápidamente vaise acumulando os compostos orgánicos volátiles (equivalente CO2) con valores altos. Aportamos as gráficas de cada un dos días en probas!
VISITA A CATEDRAL DE SANTIAGO E PÓRTICO DA GLORIAO día 30 de xaneiro o alumnado de 2º de Bacharelato de Arte visitou en compañía da súa profesora M. Milmanda Cajaraville e a profesora de Debuxo Artístico Mar García Rodríguez a Catedral de Santiago, obra emblemática do Barroco galego.
A pesar da chuvia disfrutamos do entorno, das distintas portadas, Praterías, a praza da Quintana e por suposto da Fachada do Obradoiro, magnifíco exemplo de fachada telón de Casas e Novoa.
Despois adentrámonos na fachada medieval, o Pórtico da Gloria, sendo un placer coma todos os anos admirar esa policromía que saíu a luz tras a restauración e limpeza.
Sin duda un día magnífico en compañía dun alumnado tan motivado e con tanto interés.
Ver máis Fotos, fai Click na Imaxe -> FOTOS Visita a SantiagoO luns 18 de febreiro o alumnado de Xeografía e Arte de 2º de Bacharelato visitaron Santiago de Compostela, recorrendo as rúas que discorren por onde iba a muralla e as diferentes portas ( nunha foto podedes contemplar a única que se conserva, ). Recorremos o casco antiguo e nos paramos no Convento de Santa Clara, para disfrutar da súa magnífica fachada barroca, exemplo do Barroco de placas compostelá.
Visitamos a Catedral, admirando as súas impresionantes naves, a xirola, o sepulcro do Apóstolo e disfrutamos do Pórtico da Gloria recién restaurado, vendo a súa espectacular policromía. No exterior disfrutamos da Praza da Quintana, a Torre do Reloxio de Domingo de Andrade e por suposto da magnífica Fachada do Obradoiro.
Sen dúbida un día para recordar e repetir o próximo curso.
|
Novos números
|