Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024

Competencia DixitalCOMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
2º Bacharelato - Certificación


Todos os centros educativos galegos que impartan os niveis de 2º de Bacahrelato e de 4º de ESO, realizarán as probas de certificación coa que se pretende analizar a competencia dixital do alumnado de 2º de Bacahrelato e de 4º ESO - NIVEL INTERMEDIO.

En base a

Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24

O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet.

O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.


A competencia dixital enténdese a combinación de coñecementos, habilidades e aptitudes para o uso seguro, crítico e responsable das TIC na aprendizaxe, o traballo, o lecer, a participación na sociedade e a interacción con ditas tecnoloxías. A nivel práctico estrutúrase en cinco grandes áreas (Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e solución de problemas). Pódese acceder na seguinte Ligazón ao portal para realizar a proba de demostración ---> Fai Click!


Mediante esta proba piloto obterase información de gran valor de cara ás decisións executivas que a CCEFPU tomará nos vindeiros cursos en relación ás accións de impacto definidas na Estratexia Educación Dixital 2030, as cales están enfocadas a unha maior presenza da educación dixital nas aulas co fin de acadar, entre outros obxectivos, a cidadanía dixital plena (convivencia dixital pacífica, alfabetización informacional e loita contra a desinformación, pensamento crítico) e atallar a fenda dixital.


Dita proba realizarase de xeito online a través da plataforma deseñada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a cal garante en todo momento a privacidade dos datos dos participantes. ComDix: Plataforma de certificación en el Marco Gallego de Competencias Digitales (xunta.gal)


DÍA DA PROBA - Xoves 18 de abril de 2024

09:45 - 10:30  Quenda 1 - 2º Bacharelato     Aula D11
10:45 - 11:30  Quenda 2 - 2º Bacharelato     Aula D11
11:45 - 12:30  Quenda 3 - 2º Bacharelato     Aula D11


LUGAR Aula de informática D11


REALIZARÁN A PROBA SUPERVISADOS POLO EQUIPO ADIX E PROFESORADO DO CENTRO

 

Agradecer a tod@s, o tempo e a vosa participación!

 

Nota de prensa: [11/01/2024] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42065

 

 

AdxuntoTamaño
Instrucions_alumnado_proba_ComDix_Intermedio_Area_4_2_BAC.pdf358.19 KB
20240227_prox_resolucion_acredita_cda_gal_sin_dx.pdf239.8 KB