Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
TecnoloxíaO Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos... Profesorado Tecnoloxía
Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
En base a O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet. O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.
» Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023. Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto. » Primer Taller de Robótica e Programación como iniciativa de Polos Creativos, co alumnado do Intercambio de LalindeXa inauguramos a Dotación de Polos Creativos do noso Centro! De feito realizouse un Taller de Robótica e Programación que tíñamos no Programa de Actividades do Intercambio estudiantil cos alumnos do Collège Jean Monet, da localidade francesa de Lalinde. Podemos decir que lles gustou traballar por parellas, práctica a modo bricolaje, resultándolles divertido e interesante. En canto ao entorno de programación resultoulles un pouco difícil. Queda a evidencia recollida na prensa no Faro de Vigo [03/03/2023] ---> Fai Click
Fotografía de: Estudiantes franceses amplían el alumnado del Laxeiro | BERNABÉ/JAVIER LALÍN » Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento
O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.
Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.
Mes da Ciencia no IES LaxeiroComo cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo: Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
» Proxectos do Club de Ciencias 2022Xa estamos a finais do curso escolar 2021-2022, e outro ano máis recollemos os Proxectos do noso Club de Ciencias: » Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de COVIDPresentamos a memoria informe do estudio científico que fomos desenvolvendo ao longo de este curso 2020-2021 como proxecto complementario ao estudio de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid. Nesta parte fíxose mais caso a deseñar e fabricar un medidor de CO2, dende unha perspectiva do "hardware libre" coñecido como unha extensión do proxecto ARDUINO. O Medidor da calidade do aire das nosas aulas resultou económico, unha solución baseada no ESP32 conectado con dous sensores de tipo analóxico MQ-135 e de tipo dixital CSS811. O "plus" de este estudio, realmente, foi o de experimentar unha das aplicacións do IoT (Internet of Things), o Internet das cousas e o servizo da nube, Cloud Computing (ThingSpeak), para un ámbito científico escolar. Un éxito! Acceso ao Documento --> Memoria Informe do Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid. Acceso a unha Carpeta compartida onde está todos os recursos e materiais do estudio. Memoria Informe, documentos, gráficos, programas...
» Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D. Acceder ao documento --> estudio científico
|
Novos números
|