Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
FrancésProfesorado Francés
Primer Taller de Robótica e Programación como iniciativa de Polos Creativos, co alumnado do Intercambio de LalindeXa inauguramos a Dotación de Polos Creativos do noso Centro! De feito realizouse un Taller de Robótica e Programación que tíñamos no Programa de Actividades do Intercambio estudiantil cos alumnos do Collège Jean Monet, da localidade francesa de Lalinde. Podemos decir que lles gustou traballar por parellas, práctica a modo bricolaje, resultándolles divertido e interesante. En canto ao entorno de programación resultoulles un pouco difícil. Queda a evidencia recollida na prensa no Faro de Vigo [03/03/2023] ---> Fai Click
Fotografía de: Estudiantes franceses amplían el alumnado del Laxeiro | BERNABÉ/JAVIER LALÍN » Programación 2020-2021Nas ligazóns que seguen pódese descargar a programación do departamento para o curso 2020/21. » Intercambio - Échange IES Laxeiro - Lycée Champ-BlancNeste curso 2014-15, 24 alumnos do IES Laxeiro, de 4º ESO e 1º Bacharelato, teñen a oportunidade de participar nun intercambio cun grupo de 22 alumnos do Lycée Champ-Blanc (Le Longeron, Francia). Este é o IX intercambio que desenvolvemos xunto con este centro educativo francés. Neste caso decidimos estudar o tema das nosas lendas e tradicións. Do 21 ao 28 de marzo acollemos en Lalín o grupo francés. Durante esa semana, os alumnos franceses viviron nas casas dos seus compañeiros de intercambio, asistiron a clases no IES Laxeiro e participaron en varias actividades relacionadas co tema central do intercambio. Concretamente, visitamos a nosa vila e coñecemos os seus persoeiros ilustres; fomos á Coruña para traballar sobre as lendas relacionadas coa Torre de Hércules e sobre María Pita; e finalmente entramos en contacto co Camiño de Santiago, percorrendo o tramo que nos leva de Palas de Rei a Melide e visitando a zona vella de Santiago de Compostela. Do 25 de abril ao 03 de maio, tocaralles aos alumnos do IES Laxeiro viaxar a Le Longeron. Tamén residirán nas casas dos compañeiros de intercambio e participarán en diversas actividades organizadas polo Lycée Champ-Blanc: estudarán a dous persoeiros famosos desa zona de Francia, Jules Verne e Barba Azul. Por suposto, terán a oportunidade de visitar as cidades de Nantes, Cholet, Tiffauges... Se vos interesa esta actividade e queredes seguir o seu desenvolvemento, non dubidedes en visitar o sitio web que elaboramos entre todos: https://sites.google.com/site/champblanclaxeiro/echange-2014-2015. Victor Hugo, "Les Misérables"Neste enlace, podedes atopar información sobre Victor Hugo e a súa obra Les Misérables: https://sites.google.com/site/bienvenusaulaxeiro/4o-eso-i/-les-miserables-victor-hugo. Teatro en Santiago - "Les femmes savantes" de Molière - 21 de xaneiro de 2011.Actividade proveitosa a realizada por un grupo de alumnos de 3º e 4º E.S.O. en Santiago, onde asistimos á representación de Les femmes savantes de Molière. Disfrutamos da versión actualizada da obra clásica e da posta en escea pola compañía "Bohème Théâtre". Engadimos unhas fotos do grupo participante en ficheiros adxuntos » O Departamento de Francés conta coa presenza dunha lectora neste curso 2009-2010Neste curso 2009-2010, o Departamento de Francés ten o privilexio de contar coa axuda dunha lectora francesa, Caroline Baudais. Esta profesora acompaña os demais profesores do departamento en tódolos niveis educativos e dirixe actividades destinadas fundamentalmente a fomentar a comunicación oral en francés. Poderemos contar coa súa axuda ata finais de maio. Drôles de conjugaisons!Estas son as conxugacións ficticias elaboradas por algúns alumnos de 4ºESO. Levaron a cabo este pequeno traballo a partir dunha das mensaxes que apareceron nas paredes de París nos acontecementos de maio do 68: Je participe Tu participes Il participe Nous participons Vous participez Ils profitent! Estas son pois as mensaxes que xurdiron da imaxinación e das inquietudes destes alumnos:
Je fais Tu fais Il fait Nous faisons Vous faites Ils détruisent (Yolanda Ogando Gordedo, 4ºESO A)
Je mange Tu manges Il mange Nous mangeons Vous mangez Ils ont faim! (Mar Fernández Díaz, 4ºESO C)
Je donne Tu donnes Il donne Nous donnons Vous donnez Ils enlèvent! (Raquel Fernández Fernández, 4ºESO C)
J'abuse Tu abuses Il abuse Nous abusons Vous abusez Elles se révoltent! (Tatiana Fernández Iglesias, 4ºESO C)
Je lutte Tu luttes Il lutte Nous luttons Vous luttez Ils se rendent!
Je vis Tu vis Il vit Nous vivons Vous vivez Ils meurent! (Nerea Iglesias Presas, 4ºESO C)
Je pleure Tu pleures Il pleure Nous pleurons Vous pleurez Ils regardent! (Rubén Pájaro Fernández, 4ºESO C)
Je bois Tu bois Il boit Nous buvons Vous buvez Ils paient! (Celeste Candela Sánchez Vicente, 4ESO C)
Aí queda esta invitación para reflexionar un pouco... Intercambio I.E.S. Laxeiro-Lycée Champ-BlancNo curso pasado, 2007-08, catorce alumnos do IES Laxeiro de 4ºESO e 1ºBACH. fixeron o intercambio con 15 alumnos do Lycée Champ-Blanc; a cada alumno atribuíuselle un compañeiro de intercambio co cal conviviu durante a súa estancia no país estranxeiro. » |
Novos números
|