Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, ActividadesIntegrantes do grupo de Dinamización das TIC
Axenda 21 escolar Galega
"A Axenda 21 Escolar permite ao alumnado analizar e comprender a problemática medioambiental do seu entorno e prepararse para o exercicio cidadán responsable en pro dunha sociedade máis xusta e ecolóxicamente sostible"
É un compromiso da comunidade educativa para traballar pola calidade ambiental e social do centro educativo. Implica interese polo descubrimento do entorno, desexo de transformación do inxusto e gañas de traballar e comprometerse polo presente e futuro de todos.
Ten tres compoñentes básicos: - Sostibilidade ambiental do centro educativo e do entorno - Innovación curricular - Participación da comunidade
Os obxectivos e as actividades do Comité Ambiental pretenden:
Ninguén asegura que a transformación do modelo de desenvolvemento actual, noutro que satisfaga as necesidades das nosas e das futuras xeracións dende o respecto e o coidado, sexa un compromiso doado de acadar pero dende logo a comunidade do IES Laxeiro quere intentalo.
EXCURSIÓN 4º ESO 18/10/2024 17:35
Europe/Madrid
EXCURSIÓN 4º ESO
Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
En base a O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet. O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.
» Sen medo a medrar! "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. Divulguemos estas palabras para ir medrando coa lingua!
Este proxecto foi realizado por: IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González CuñarroCEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso
» Proba de Competencia Dixital alumnado de 4º ESO - Curso 2022-2023COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
» Probas Libres ACCESO a Ciclos: Proceso de ADMISIÓN E MATRÍCULA 2023-2024 19/04/2023 10:18
Europe/Madrid
CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA AS PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E DE TÉCNICO SUPERIOR DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp
Coñecendo ás Detectives do CancroCon motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida. Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia. Soña, atrévete! » 2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S) 13/12/2022 08:35
Europe/Madrid
O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres. A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente". Por unha vida sen violencia[By María Elsa Martínez Vázquez] 25 de novembro de 2022
|
Novos números
|