Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, ActividadesLiñas de Traballo Grupo TIC - 2020/21
Ao longo de todos estos cursos académicos, dende a incorporación do noso centro ao Proxecto de Webs Dinámicas, da nosa incorporación ao Proxecto Abalar e logo ao Proxecto E-Dixgal, todolos anos redactamos o plan de dinamización das tecnoloxías da información e da comunicación. Dende o grupo TIC, xa levamos anos traballando para elaborar o dito plan e algunhas das liñas de actuación que se van a recoller xa se comezaron a desenvolver. As liñas principais de traballo que se van a contemplar no plan TIC son as seguintes:
e por suposto ,
De todos xeitos mais Liñas de traballo a reforzar serían :
· Organización e liñas de actuación para a integración das TIC nas aulas (implicacións do profesorado, do alumnado, do resto de persoal do centro, emprego de recursos, disposición espacial das aulas, protocolos, etc.) · Emprego da metodoloxía de proxectos utilizando as TIC · Encerado Dixital Interactivo (EDI): coñecemento e uso das funcionalidades do EDI e elaboración de recursos didácticos para o emprego na aula. · Incorporación de boas prácticas educativas que usen as TIC como experiencias de aula. · Elaboración de actividades facendo uso do software que se inclúe no equipamento Abalar. · Elaboración de actividades facendo uso das ferramentas educativas da Web 2.0. · Emprego de ferramentas colaborativas, tanto de aplicación directa na aula como para compartir materiais e experiencias entre o profesorado e alumnado do mesmo ou outros centros. · Emprego de contidos dixitais educativos do Espazo Abalar e outros repositorios, e creación de novos contidos educativos dixitais mediante o uso de ferramentas de autor. · Clasificación de recursos de interese para a docencia. · Emprego didáctico das webs dinámicas dos centros (aulas virtuais, portal do centro). · Elaboración de “Aventuras na Web”. · Establecemento de estratexias para dinamizar as TIC no centro. ... Visibilizar as mulleres nas LetrasO club de Letras do IES Laxeiro centrouse este curso en visibilizar as mulleres en tres eidos: o literario, o histórico e o musical.
"Cantas mulleres científicas coñeces?"Seguramente, a maior parte de nós, e de vós, contestaría unha, e a resposta sería unánime: Marie Curie. É a única muller científica que a historia patriarcal non logrou ocultar, debido á súa extrema importancia. Aínda así, houbo quen desexou concederlle o mérito ao seu cónxuxe; é o que ten a historia de Occidente, que mesmo se empeñou en tirar o apelido propio da muller para que adquirise o do esposo, como sinal última pero tamén primixenia da perda da individualidade da muller.
Pero cantas mulleres científicas hai e houbo? Moitísimas mulleres traballaron e traballan neste eido sendo tan ou máis importantes que moitos homes científicos que si constan nos manuais, nas enciclopedias, nos libros. E queremos rescatalas. Queremos que no IES Laxeiro se coñezan os seus nomes. Que se saiba que existiron e que existan. Que se transmita que o seu labor é esencial no decurso da humanidade.
Porque vós, mozas, alumnas, tedes o mesmo dereito e as mesmas capacidades ca os vosos compañeiros en calquera eido. Incluído o científico. Sorteo da cesta do Nadal 2019 no IES LaxeiroEfectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2019, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte
4777 Novembro contra a violencia de xéneroO alumnado de 2º de ESO- A na materia de igualdade escribiu e realizou unha performance para o 25 de novembro, poñendo o acento en que as mozas non deben vestir nin comportarse segundo os estereotipos de xénero que a sociedade impón.
O alumnado de 2º de ESO-B da materia de Igualdade realiza unha performance para o 25 de novembro, a partir dun poema de Ana Cerezuela (do seu libro "Lejos")
Sorteo da cesta do Nadal IES LaxeiroEfectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2018, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte
2778 Xornada Titoría Entre Iguais - TEIO derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, o xoves 21 de decembro, adicamos parte da xornada a fortalecer os lazos entre o alumnado participante no programa TEI por medio de xogos populares e tradicionais. Premio a nosa Alumna Sara Granja SanmartínParabéns a nosa alumna Sara Granja Sanmartín polo seu traballo: "O maltrato crea cadeas, a igualdade dá a forza para rompelas". #lalinsenviolencia @eigualdade » Un ano máis arranca o programa TEI no IES LaxeiroO Programa TEI (Titorización Entre Iguais) arranca de novo... » Xornada de Convivencia con 1º de ESOEste venres, 13 de outubro, as alumnoas e alumnos de 1º de ESO xunto cos seus profesores e profesoras participaron nunha Xornada de Convivencia, co fin de facilitar o coñecemento e cohesión do alumnado, que provén de diferentes centros de Primaria e tamén establecer relacións de proximidade cos distintos profesores. Unha andaina pola Devesa de Moa permitiulles compartir conversa e camiñata, e coñecer as excelencias naturais desta paraxe, da que cabe destacar a súa ampla biodiversidade botánica e zoolóxica. Unha agrabable xornada para todos e todas.
|
Novos números
|