Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Educación FísicaACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA - CSAF EN SETEMBRO E OUTUBRO 25/10/2024 15:20
Europe/Madrid
Neste inicio de curso o departamento de EF ven de desenvolver en colaboración co equipo directivo e outros departamentos do IES Laxeiro 3 actividades dirixidas a fomentar a actividade física saudable e aumentar a súa práctica. Amosamos algunhas imaxes destas 3 actividades: 1. ACONDICIONAMENTO FÍSICO CON ALUMNADO POLONÉS Actividade diseñada e dirixida polo alumnado de 2º do CSAF e coordinada polo docente J. Sueiro. Participaron un total de 30 alumnos, 15 de 4º da ESO do IES Laxeiro e 15 poloneses que participan nun programa de intercambio entre centros.
2. INICIACIÓN AO RUGBY CO CLUB RUGBY CORETI LALÍN Actividade realizada con todo o alumnado da ESO e dirixida por Angel Piñeiro, adestrador do Club Rugby Coreti Lalín.
3. Xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO Trátase dunha actividade na que pretendemos que o novo alumnado do Laxeiro se coñeza e interaccione, utilizando o exercicio físico como ferramenta. Contamos de novo co traballo do alumnado de 2º do CSAF e a coordinación do docente dos módulos de Fitness en sala polivalente e Habilidades sociais, Javier Sueiro.
DESPEDIDA LÚDICO-DEPORTIVA DO CURSO 23-24 22/06/2024 07:27
Europe/Madrid
O alumnado do IES Laxeiro remata o curso 23-24 con actividades lúdicas e deportivas: - Torneo de fútbol sala nos recreos (Maio e xuño; 1º a 4º ESO) - Visita ao parque acuático de Cerceda (2º da ESO) BO VERÁN. CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA - CASTRELOS (VIGO) 30/05/2024 08:51
Europe/Madrid
O pasado 24 de abril 20 alumnas/os de 2º da ESO do IES LAXEIRO acudiron ó campionato provincial de Orientación Deportiva celebrado no parque de Castrelos en Vigo. Boa xornada deportiva e gran experiencia para alumnos/as que xa tiñan participado neste curso na proba clasificatoria realizada en Pontevedra no mes de febreiro na cal conseguiron a súa clasificación para a final provincial.
INCIACIÓN Ó RUGBY DA MAN DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN 30/05/2024 08:11
Europe/Madrid
Ó LONGO DESTE MES DE MAIO O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO DO IES LAXEIRO RECIBIU A VISITA DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN. DURANTE AS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA PRESENTARON ESTA MODALIDADE DEPORTIVA, DE AMPLA TRADICIÓN NA NOSA VILA E TRANSMISORA DE VALORES E NORMAS QUE FORTALECEN MOITO O SEU POTENCIAL COMO CONTIDO EDUCATIVO. AGARDAMOS QUE A ACTIVIDADE ANIME Ó NOSO ALUMNADO A INICIARSE NO RUGBY, E AGRADECEMOS O LABOR DIVULGATIVO DOS TÉCNICOS E DIRECTIVA DO CLUB RUGBY LALÍN.
ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL: FORNELOS DE MONTES 29/05/2024 18:17
Europe/Madrid
O pasado 10 de maio o alumnado de primeiro curso de bacharelato e do ciclo superior de acondicionamiento físico desprazouse ata o Fornelos Wake Club (Fornelos de Montes) para realizar actividades acuáticas vencelladas á unidade didáctica “Actividades físicas no medio natural”. Realizáronse actividades de wakeboard, kayak, xogos en inchables, pedaletas e paddle surf ó longo de toda a mañá e a tarde.
ACTIVIDADES DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CO ALUMNADO GALEGO E RUMANO DO ERASMUS+ "SEEDS" 07/03/2024 17:54
Europe/Madrid
O pasado xoves 29 de febreiro os futuros técnicos de 1º curso do CSAF deseñaron e dirixiron dùas actividades de Fitness para alumnado participante no programa ERASMUS+ SEEDS: Sustainability, Equity and Education for Diverse Students. Durante toda a semana contamos coa visita dunha representación de alumnas/os e profesoras procedentes da cidade rumana de Buzău. Deixamos algúnhas imaxes das actividades realizadas agardando que foran formativas, divertidas e axudaran a concenciar @s participantes da importancia do exercicio físico como hábito de vida. DESPEDIDA DE ANO CON SENDEIRISMO POR MOURISCADE 01/01/2024 16:49
Europe/Madrid
O alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro despediu o trimestre participando nunha ruta de sendeirismo de trazado circular e 8 km de lonxitude que transcorre pola contorna de Mouriscade, seguindo o leito do río Asneiro ao seu paso polas parroquias de Doade e Vilanova. A actividade foi organizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo de FP de "Guía no medio natural" do IES Colmeiro de Silleda. Durante a ruta visitamos o Castro de Doade, desfrutamos da decoración de Nadal do núcleo urbano desta parroquia no cal atopamos o museo etnográfico "Casa do Patrón" e pasamos pola aldea dos Muíños e por Vilanova onde fixemos unha parada para repoñer forzas. De volta a área recreativa de Mouriscade os organizadores dispuxeron con cordas distintos elementos de seguridade e pasos elevados que o alumnado do Laxeiro puido coñecer e utilizar. Feliz 2024.
VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF 17/11/2023 15:25
Europe/Madrid
O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron. TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE 25/06/2023 09:01
Europe/Madrid
Deixamos imaxes dalgunhas das novas que incluímos este curso 22/23 no TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. ACTIVIDADES DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO IES LAXEIRO 14/06/2023 08:03
Europe/Madrid
AO LONGO DESTE CURSO 22-23 O DEPARTAMENTO DE EF DO IES LAXEIRO DESENVOLVEU DISTINTAS ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE QUE INTEGRAN O "PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA", PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ENGLOBADO NO PLAN PROXECTA. DEIXAMOS ALGUNHA MOSTRA GRÁFICA DAQUELAS ACTIVIDADES QUE NON TIVERON UNHA ENTRADA ESPECÍFICA NA WEB DO IES: 1. XOGOS TRADICIONAIS NO IES CON MATERIAL DE REFUGALLO E MATERIAL CREADO POR ARTESÁN LOCAL (LUIS IGLESIAS-LUCHI) 2. XOGOS DE EQUIPO CO ALUMNADO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO 3. RECREOS ACTIVOS: CAMPIONATOS 4. TABLÓN INFORMATIVO AF & SAÚDE & INVESTIGACIÓN |
Novos números
|