Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Educación FísicaMontamos a exposición dos traballos presentados en Turquía no CEIP M. RiveroUn grupo de alumnas e alumnos de 3º A montaron a exposición dos traballos da primeira reunión en Tekirdag (Turquía) no CEIP Manuel Rivero O programa RCP nas aulas no IES Laxeiro
O IES Laxeiro, por medio do departamento de Educación Física, participa, por segundo ano, da experiencia RCP na Aula, froito do convenio entre as consellarías de Sanidade e Educación. Este convenio, impulsado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, trata de estender a experiencia RCP na Aula da provincia de Lugo, permitindo espallar a formación en soporte vital a todos os nenos e nenas de Galicia ao longo da Educación Secundaria Obrigatoria. » O IES Laxeiro en Radio VozO domingo 18 de febreiro María Meizoso, locutora de Radio Voz e conductora do programa Con Voz, entrevistou a algúns dos participantes na xuntanza transnacional en Tekirdag (Turquía), dentro do proxecto Tunnel of Time. Paula, Lucas, Mar e Xosé Manuel contan as súas impresións no programa dominical da emisora con sede n'A Coruña. Semana Branca no IES LaxeiroUn grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO estivo do 27 ao 3 de febreiro en Andorra iniciándose na práctica do esquí, no sector de El Tarter e Soldeu, no dominio de Grandvalira. Difusión da reunión en Tekirdağ - Turquía entre o alumnado do IES LaxeiroOs cinco alumnos e alumnas participantes na reunión transnacional enTekirdağ contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras a experiencia e actividades levadas a cabo na escola turca asociada.
O IES Laxeiro en TurquíaUnha delegación do IES Laxeiro participou nunha reunión transnacional de mobilidade e aprendizaxe na cidade turca de Tekirdag, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. O grupo, formado por cinco alumnos e alumnas de 3º de ESO acompañadas polos profesores Mar García e Xosé M. García, viaxou o pasado xoves día 11 esta cidade costeira a carón do mar de Mármara, a uns 120 km ao oeste de Istambul, uníndose ao resto de delegacións participantes, procedentes de Francia e Finlandia. Os nosos contos favoritos: GaravanciñoAs alumnas e alumnos de 5 anos de Educación Infantil achégannos unha soberbia interpretación do coñecido conto de Garavanciño, a cal levamos a reunión transnacional en Tekirdag para amosar aos participantes dos países socios.
|
Novos números
|