ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL: FORNELOS DE MONTES

29/05/2024 18:17
Europe/Madrid

O pasado 10 de maio o alumnado de primeiro curso de bacharelato e do ciclo superior de acondicionamiento físico desprazouse ata o Fornelos Wake Club (Fornelos de Montes) para realizar actividades acuáticas vencelladas á unidade didáctica “Actividades físicas no medio natural”. Realizáronse actividades de wakeboard, kayak, xogos en inchables, pedaletas e paddle surf ó longo de toda a mañá e a tarde.