Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Lecturas DepartamentosAquí podemos consultar as lecturas, tanto obrigatorias coma voluntarias propostas polo distintos departamentos. Concurso de "memes" - 1º ESOFoi longo, moi longo, este tempo de confinamento, pero no Laxeiro procuramos que non se perdese o humor. As profesoras Emilia Garea e Alicia Cordeiro do Dpto. de Lingua castelá, prepararon para o alumnado de 1º da ESO unha actividade que consistía na creación dun meme.
En 1º da ESO,de todas as tarefas foron escollidos 16 memes e propúxose unha votación en liña para escoller os mellores. Os resultados son os que a continuación vos mostramos: 1º posto: Selma Carballude de 1º ESO A (29 votos) 2º posto: Sara Senande de 1º ESO C (20 votos) 3º posto: Carmen Taboada de 1º ESO C (14 votos) 4º posto: Dani Piloto de 1º ESO A (13 votos) 5º posto: Jaime Vázquez de 1º ESO C (12 votos)
Queremos dar as grazas a profesora Ester González, do Dpto. de Lingua galega, por compartir a idea da tarefa. Arriba o traballo cooperativo!!!
Parabéns a todas e todos, rapazas e rapaces, por participar dun xeito ou doutro na idea e contribuír a que non se perda algo tan valioso como saber rir dun mesmo.
Moi orgullos@s da nosa rapazada!!!!!!!
» Dpto. Lingua GalegaLecturas obrigatorias e optativas propostas polo departamento de Lingua Galega. No documento adxunto está a relación de libros propostos por curso e por trimestre... » Dpto. MatemáticasLecturas obrigatorias e optativas propostas polo departamento de Matemáticas. No documento adxunto está a relación de libros propostos por curso e por trimestre... » Dpto. Lingua CastelánLecturas obrigatorias e optativas propostas polo departamento de Lingua Castelán. No documento adxunto está a relación de libros propostos por curso e por trimestre... » Dpto. Xeografía e HistoriaProxecto Lector: estratexia para fomentar a lectura e a investigación en 1º e 2º da ESO. Maqueta de obras representativas da Arte da arquitectura dos diferentes momentos históricos da Humanidades.
No documento adxunto podemos ver a estratexia de traballo. » |
Novos números
|