Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ComplementariasEXCURSIÓN 4º ESO 18/10/2024 18:16
Europe/Madrid
EXCURSIÓN 4º ESO PROVEEDORES
CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA - CASTRELOS (VIGO) 30/05/2024 08:51
Europe/Madrid
O pasado 24 de abril 20 alumnas/os de 2º da ESO do IES LAXEIRO acudiron ó campionato provincial de Orientación Deportiva celebrado no parque de Castrelos en Vigo. Boa xornada deportiva e gran experiencia para alumnos/as que xa tiñan participado neste curso na proba clasificatoria realizada en Pontevedra no mes de febreiro na cal conseguiron a súa clasificación para a final provincial.
INCIACIÓN Ó RUGBY DA MAN DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN 30/05/2024 08:11
Europe/Madrid
Ó LONGO DESTE MES DE MAIO O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO DO IES LAXEIRO RECIBIU A VISITA DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN. DURANTE AS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA PRESENTARON ESTA MODALIDADE DEPORTIVA, DE AMPLA TRADICIÓN NA NOSA VILA E TRANSMISORA DE VALORES E NORMAS QUE FORTALECEN MOITO O SEU POTENCIAL COMO CONTIDO EDUCATIVO. AGARDAMOS QUE A ACTIVIDADE ANIME Ó NOSO ALUMNADO A INICIARSE NO RUGBY, E AGRADECEMOS O LABOR DIVULGATIVO DOS TÉCNICOS E DIRECTIVA DO CLUB RUGBY LALÍN.
EXERCICIO FÍSICO DESDE O CSAF PARA ALUMNADO DO LAXEIRO, AMSTERDAM E CERDEÑA. ERASMUS+ STASIETE 10/03/2023 22:22
Europe/Madrid
Dentro do amplo programa de eventos organizados co motivo da visita de alumnado e profesorado de Amsterdam e Cerdeña, correspondente ao proxecto STASIETE - ERASMUS + e centrado no desenvolvemento de hábitos de vida saudabeis, o alumnado de 2º curso do CSAF organizou dúas actividades dirixidas de acondicionamento físico con base musical. Esperamos que tanto o alumnado de 1º de BAC do Laxeiro como os nosos convidados teñan desfrutado e aproveitado a ocasión para fortalecer eses lazos de amizade e aprendizaxe mutua que veñen desenvolvendo con este proxecto educativo.
CONFERENCIA NO CSAF SOBRE REGULACIÓN LABORAL NOS SERVIZOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO 08/02/2023 16:38
Europe/Madrid
Este venres 3 o alumnado de 1º e 2º curso do CSAF asistiu a unha charla informativa organizada pola empresa "SALVAR, FORMAR Y SOCORRER, SL" para informar sobre a situación do marco lexislativo actual no ámbito dos servizos de salvamento e socorrismo acuático, tanto en piscinas como en espazos naturais. O noso alumando foi coñecedor das posibilidades que lles presenta este sector ao finalizar o ciclo ou ter algúns dos seus módulos cursados. A empresa organizadora xestiona na actualidade os servizos de salvamento e socorrismo dos concellos de Vigo e Sanxenxo, entre outros, cunha alta demanda de persoal cualificado para os 3 meses de verán, nunhas condicións laborais e uns requeitios de formación que foron explicados na charla. Desde o departamento de EF agradecemos o interese por manter informado ao noso alumnado e presentarlle unha posibilidade de desenvolvemento profesional. XOGOS TRADICIONAIS 23/06/2022 09:34
Europe/Madrid
Un ano máis dentro das actividades do ERASMUS+ " "21st Century Skills through Traditional Outdoor Games" contamos coa colaboración de Luis Iglesias "Luchi" para desenvolver unha xornada de Xogos Tradicionais no IES Laxeiro. Deixamos unha pequena mostra gráfica dalgúns dos xogos realizados. RUTA POLO "CAMIÑO DE INVERNO 23/06/2022 08:58
Europe/Madrid
O pasado venres 17 o alumnado de 2º de ESO realizou 12 km do "Camiño de inverno" correspondentes a etapa "Rodeiro-Lalín". A actividade organizouse desde o departamento de EF en colaboración con docentes doutras materias e dentro do programa de actividades complementarias do centro e do ERASMUS+ "21st century skills through traditional outdoor games". Deixamos algunha imaxes da actividade.
Proxecto TI© EMPRENDESTemos Información relativa ao proxecto TI© EMPRENDES da Deputación de Pontevedra, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo (axudas EMP-POEJ) e a Deputación de Pontevedra. » Intercambio co Auguste Viktoria Schule de Itzehoe (Alemaña)
Un grupo de dezaseis estudantes de 3º de ESO participa no intercambio co Auguste Viktoria Schule (AVS), situado na localidade alemá de Itzehoe, no estado federado de Schleswig-Holstein. Esta pequena cidade duns 30.000 habitantes atópase a 50 km de Hamburgo e acolle aos estudantes dezaos do 2 ao 9 de marzo. Alí conviven coas familias e asisten a clase no Gymnasium AVS, o equivalente aos nosos institutos pero que só acolle estudantes que optan á universidade ou outros estudos superiores. A escola conta coa materia de español como optativa e son estes estudantes acollen aos do Laxeiro. Esta experiencia educativa permite a inmersión na cultura e vida diaria das familias alemás pois conviven con elas e asisten ás clases cos seus anfitrións. O programa tamén contempla actividades culturais e deportivas e a visita á cidade de Hamburgo. O alumnado da Auguste Viktoria Schule (AVS) estará no IES Laxeiro do 11 ao 17 de maio. Excelente actuación do IES Laxeiro na fase zonal do campionato escolar de orientaciónEste martes, 18 de febreiro, cincuenta estudantes de 2º de ESO do IES Laxeiro participaron no campionato zonal de orientación, celebrado no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Un total de seis centros escolares competiron na modalidade de carreira de orientación, na que o IES Laxeiro acadou un éxito notable. Na categoría máis concorrida (infantil) logramos meritorios postos.
|
Novos números
|