Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
CONFERENCIA NO CSAF SOBRE REGULACIÓN LABORAL NOS SERVIZOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO 08/02/2023 16:38
Europe/Madrid
Este venres 3 o alumnado de 1º e 2º curso do CSAF asistiu a unha charla informativa organizada pola empresa "SALVAR, FORMAR Y SOCORRER, SL" para informar sobre a situación do marco lexislativo actual no ámbito dos servizos de salvamento e socorrismo acuático, tanto en piscinas como en espazos naturais. O noso alumando foi coñecedor das posibilidades que lles presenta este sector ao finalizar o ciclo ou ter algúns dos seus módulos cursados. A empresa organizadora xestiona na actualidade os servizos de salvamento e socorrismo dos concellos de Vigo e Sanxenxo, entre outros, cunha alta demanda de persoal cualificado para os 3 meses de verán, nunhas condicións laborais e uns requeitios de formación que foron explicados na charla. Desde o departamento de EF agradecemos o interese por manter informado ao noso alumnado e presentarlle unha posibilidade de desenvolvemento profesional. |
Novos números
|