Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverO Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos... ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL: FORNELOS DE MONTES 29/05/2024 18:17
Europe/Madrid
O pasado 10 de maio o alumnado de primeiro curso de bacharelato e do ciclo superior de acondicionamiento físico desprazouse ata o Fornelos Wake Club (Fornelos de Montes) para realizar actividades acuáticas vencelladas á unidade didáctica “Actividades físicas no medio natural”. Realizáronse actividades de wakeboard, kayak, xogos en inchables, pedaletas e paddle surf ó longo de toda a mañá e a tarde.
Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
En base a O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet. O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.
» DESPEDIDA DE ANO CON SENDEIRISMO POR MOURISCADE 01/01/2024 16:49
Europe/Madrid
O alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro despediu o trimestre participando nunha ruta de sendeirismo de trazado circular e 8 km de lonxitude que transcorre pola contorna de Mouriscade, seguindo o leito do río Asneiro ao seu paso polas parroquias de Doade e Vilanova. A actividade foi organizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo de FP de "Guía no medio natural" do IES Colmeiro de Silleda. Durante a ruta visitamos o Castro de Doade, desfrutamos da decoración de Nadal do núcleo urbano desta parroquia no cal atopamos o museo etnográfico "Casa do Patrón" e pasamos pola aldea dos Muíños e por Vilanova onde fixemos unha parada para repoñer forzas. De volta a área recreativa de Mouriscade os organizadores dispuxeron con cordas distintos elementos de seguridade e pasos elevados que o alumnado do Laxeiro puido coñecer e utilizar. Feliz 2024.
ACTIVIDADE DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS 17/11/2023 15:43
Europe/Madrid
Boa participación do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Laxeiro na fase zonal da actividade deportiva de Campo a través. Un total de 140 alumnas/os do Laxeiro compartiron unha boa máñá deportiva no recinto ferial da Semana Verde de Silleda. Deixamos unha pequena mostra dos podiums nos que tivemos ampla representación. VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF 17/11/2023 15:25
Europe/Madrid
O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron. TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE 25/06/2023 09:01
Europe/Madrid
Deixamos imaxes dalgunhas das novas que incluímos este curso 22/23 no TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. DESPEDIDA DEPORTIVA DO CURSO 22-23 24/06/2023 09:56
Europe/Madrid
En feminino e plural, así rematamos este curso cunha actividade deportiva organizada por Manuel Hermo (departamento de inglés) e Xosé Pedreira (departamento de EF). Torneo de fútbol 6 con máis de 60 alumnas dos 4 cursos da ESO que deron unha lección (ao colectivo masculino de alumnos e profesores) de comportamento, esforzo, competividade e respecto. Parabéns a todas as participantes e un agredecemento ó labor arbitral de Rubén e Jorge (departamento de Historia). Bo verán. Sen medo a medrar! "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. Divulguemos estas palabras para ir medrando coa lingua!
Este proxecto foi realizado por: IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González CuñarroCEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso
» ACTIVIDADES DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO IES LAXEIRO 14/06/2023 08:03
Europe/Madrid
AO LONGO DESTE CURSO 22-23 O DEPARTAMENTO DE EF DO IES LAXEIRO DESENVOLVEU DISTINTAS ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE QUE INTEGRAN O "PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA", PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ENGLOBADO NO PLAN PROXECTA. DEIXAMOS ALGUNHA MOSTRA GRÁFICA DAQUELAS ACTIVIDADES QUE NON TIVERON UNHA ENTRADA ESPECÍFICA NA WEB DO IES: 1. XOGOS TRADICIONAIS NO IES CON MATERIAL DE REFUGALLO E MATERIAL CREADO POR ARTESÁN LOCAL (LUIS IGLESIAS-LUCHI) 2. XOGOS DE EQUIPO CO ALUMNADO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO 3. RECREOS ACTIVOS: CAMPIONATOS 4. TABLÓN INFORMATIVO AF & SAÚDE & INVESTIGACIÓN |
Novos números
|