Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverConcurso de "memes" - 1º ESOFoi longo, moi longo, este tempo de confinamento, pero no Laxeiro procuramos que non se perdese o humor. As profesoras Emilia Garea e Alicia Cordeiro do Dpto. de Lingua castelá, prepararon para o alumnado de 1º da ESO unha actividade que consistía na creación dun meme.
En 1º da ESO,de todas as tarefas foron escollidos 16 memes e propúxose unha votación en liña para escoller os mellores. Os resultados son os que a continuación vos mostramos: 1º posto: Selma Carballude de 1º ESO A (29 votos) 2º posto: Sara Senande de 1º ESO C (20 votos) 3º posto: Carmen Taboada de 1º ESO C (14 votos) 4º posto: Dani Piloto de 1º ESO A (13 votos) 5º posto: Jaime Vázquez de 1º ESO C (12 votos)
Queremos dar as grazas a profesora Ester González, do Dpto. de Lingua galega, por compartir a idea da tarefa. Arriba o traballo cooperativo!!!
Parabéns a todas e todos, rapazas e rapaces, por participar dun xeito ou doutro na idea e contribuír a que non se perda algo tan valioso como saber rir dun mesmo.
Moi orgullos@s da nosa rapazada!!!!!!!
» Semana da Robótica no Laxeiro - [17-21 febreiro 2020]Un grupo de alumn@s convertíronse en Profesores "chiflados" de Robots... [17-21 febreiro 2020] - LEGO WE.DO 2.0 - Conxunto de actividades de ciencias - KIT nivel principiante - LEGO MINDSTORM EV3 - KIT nivel avanzado Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4º ESO do noso centro, actúan coma Inspectores Ambientais.Os alumnos de Bioloxía de 4º ESO do IES Laxeiro, dentro do programa do Proxecto Ríos, realizaron unha inspección do río Pontiñas para valorar a súa situación e calidade ambiental.
Recordamos o Día da Ciencia en Galego no noso centro - 4 Novembro 2019Xa temos o vídeo editado do Día da Ciencia en Galego! Aquela xornada fora moi proveitosa, moitos dos nosos alumnos convertíronse en científicos por un día... Xogos Matemáticos, Impresión 3D, Experimentos Científicos (simulación de impactos de meteoritos) e moito mais! O que triunfou foi a nosa Táboa Periódica XIGANTE! Ver o vídeo - > Fai Click na ligazón Intercambio co Auguste Viktoria Schule de Itzehoe (Alemaña)
Un grupo de dezaseis estudantes de 3º de ESO participa no intercambio co Auguste Viktoria Schule (AVS), situado na localidade alemá de Itzehoe, no estado federado de Schleswig-Holstein. Esta pequena cidade duns 30.000 habitantes atópase a 50 km de Hamburgo e acolle aos estudantes dezaos do 2 ao 9 de marzo. Alí conviven coas familias e asisten a clase no Gymnasium AVS, o equivalente aos nosos institutos pero que só acolle estudantes que optan á universidade ou outros estudos superiores. A escola conta coa materia de español como optativa e son estes estudantes acollen aos do Laxeiro. Esta experiencia educativa permite a inmersión na cultura e vida diaria das familias alemás pois conviven con elas e asisten ás clases cos seus anfitrións. O programa tamén contempla actividades culturais e deportivas e a visita á cidade de Hamburgo. O alumnado da Auguste Viktoria Schule (AVS) estará no IES Laxeiro do 11 ao 17 de maio. VISITA A CATEDRAL DE SANTIAGO E PÓRTICO DA GLORIAO día 30 de xaneiro o alumnado de 2º de Bacharelato de Arte visitou en compañía da súa profesora M. Milmanda Cajaraville e a profesora de Debuxo Artístico Mar García Rodríguez a Catedral de Santiago, obra emblemática do Barroco galego.
A pesar da chuvia disfrutamos do entorno, das distintas portadas, Praterías, a praza da Quintana e por suposto da Fachada do Obradoiro, magnifíco exemplo de fachada telón de Casas e Novoa.
Despois adentrámonos na fachada medieval, o Pórtico da Gloria, sendo un placer coma todos os anos admirar esa policromía que saíu a luz tras a restauración e limpeza.
Sin duda un día magnífico en compañía dun alumnado tan motivado e con tanto interés.
Ver máis Fotos, fai Click na Imaxe -> FOTOS VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIAO 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.
A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.
Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.
Para ver mais Fotos da nosa visita, fai click -> FOTOS VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIAO 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución. A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento. Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo. Excelente actuación do IES Laxeiro na fase zonal do campionato escolar de orientaciónEste martes, 18 de febreiro, cincuenta estudantes de 2º de ESO do IES Laxeiro participaron no campionato zonal de orientación, celebrado no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Un total de seis centros escolares competiron na modalidade de carreira de orientación, na que o IES Laxeiro acadou un éxito notable. Na categoría máis concorrida (infantil) logramos meritorios postos.
|
Novos números
|