Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverDifusión da reunión en Langogne - FranciaO alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.
TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019
Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com
Visita a SantiagoO luns 18 de febreiro o alumnado de Xeografía e Arte de 2º de Bacharelato visitaron Santiago de Compostela, recorrendo as rúas que discorren por onde iba a muralla e as diferentes portas ( nunha foto podedes contemplar a única que se conserva, ). Recorremos o casco antiguo e nos paramos no Convento de Santa Clara, para disfrutar da súa magnífica fachada barroca, exemplo do Barroco de placas compostelá.
Visitamos a Catedral, admirando as súas impresionantes naves, a xirola, o sepulcro do Apóstolo e disfrutamos do Pórtico da Gloria recién restaurado, vendo a súa espectacular policromía. No exterior disfrutamos da Praza da Quintana, a Torre do Reloxio de Domingo de Andrade e por suposto da magnífica Fachada do Obradoiro.
Sen dúbida un día para recordar e repetir o próximo curso.
Charla no IES Laxeiro do colexiado da 1ª División na Liga de Fútbol Ignacio Iglesias VillanuevaO pasado martes 12 celebrouse no salón de actos do noso centro unha charla organizada pola subdelegación de árbitros de Lalín e na que contamos coa presenza de Ignacio Iglesias Villanueva, o único árbitro galego, entre un selecto grupo de 20, que arbitran na 1ª división da Liga de Fútbol Profesional. Tamén nos acompañou Bernardino González, ex-árbitro internacional e actual presidente do Comité Técnico Galego de árbitros, así como membros do colectivo arbitral da Lalín e comarca. A charla asistiu o alumnado de 2ª da ESO, e tratou sobre as posibilidade que ofrece a arbitraxe como saída profesional, incidindo nos requisitos formativos e nas posibilidades de enriquecemento persoal, exemplificadas polas experiencias que Ignacio Villanueva nos foi relatando de forma amena e distendida. Desde o colectivo de árbitros animaron a alumnos e alumnas do centro a iniciarse nesta disciplina, invitándoos a contactar con eles na súa oficina situada no Lalín Arena. Queremos felicitar ao alumnado polo seu comportamento e agradecer aos poñentes a súa visita, e a posibilidade que nos ofreceron para coñecer de primeira man a realidade da labor arbitral no fútbol.
Visita á Sede do Parlamento de GaliciaO 7 de febreiro as alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro participaron nunha visita á sede do Parlamento de Galicia, sita no Pazo do Hórreo, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Ciencias Sociais permitiulles achegarse e coñecer esta entidade, que representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da nosa Comunidade Autónoma.
Visita Virtual do Parlamento de Galicia Fai Click Aquí para ver mais fotos...
Estadía en Langogne (Francia) de alumnado do IES LaxeiroDo 7 ao 13 de febreiro unha delegación do IES Laxeiro atópase visitando a localidade francesa de Langogne, no departamento de Lozère, onde se atopa o Collège Marthe Dupeyron, a escola de acollida. Esta vila, medieval duns 3200 habitantes, constitúe a porta nordeste da rexión Languedoc-Rosellón. Esta visita enmárcase no proxecto Erasmus+ “Tunnel of Time”, cofinanciado pola Comisión Europea, no que o noso instituto participa xunto con centros de Finlandia, Turquía e Francia. Tras unha primeira presentación á comunidade escolar, a delegación internacional foi recibida polo alcalde do comuna, o equivalente ao noso concello.
Entrevistas sobre a vida laboralO alumnado participante no proxecto Tunnel of Time entrevistou a persoas xubiladas, en activo e responsábeis de negocios ou empresas locais de cara a obter unha modesta visión interxeracional. Os resultados compártense cos obtidos polos países socios e coméntanse nos espazos comúns e reunións internacionais. TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019Arranca o torneo de bádminton do IES Laxeiro cunha nutrida participación das alumnas e alumnos do centro. A competición ocupará unha boa parte dos recreos e contará con modalidade de individual feminino, individual masculino, dobres feminino e dobres masculino (en realidade mixto pois algunha das parellas é mixta). Ao torneo tamén se sumaron algunhas profesoras do centro.
A árbore de Nadal con máis ciencia!
O IES Laxeiro elabora unha vistosa peza con balóns de cores creadas no seu laboratorio.Orixinal e desde logo, moi científica é a árbore elaborada do Nadal 2018/2019. Foto: Bernabé / Javier Lalín A vistosa peza está composta de balóns de diferentes cores resultado de experimentos docentes. Neste curso 2018/2019, naceu o Club de Ciencia "oficial", programa concedido pola Cosellería de Educación e conxunto a outras activades STEM, e coas actividades do Día da Ciencia en galego do pasado 6 de novembro. A dea surxiu da Práctica de Medición do PH cuns indicadores naturais, empregando os balóns do Laboratorio. O alumnado de 2º Bacharelato realizaron o experimento usando col lombarda, no que consiste en preparar o estrato cortando e fervendo a hortaliza e logo filtrando o líquido e obtería o indicador de PH natural. Logo, estudaron o seu comportamento ao enfrontalo a diferente substancias, que toman diferentes cores en función do seu PH. Asi´, os ácidos (zume de limón e vinagre) teminan en vermellose rosas; os básicos (bicarbonatos sódicos e amoníaco) converten o indicador en azul e verde; e un neutro( augua destilada) pásao a violeta. Tamén fixeron algúns balóns con indicadores de PH químicos, como verde de metilo, no laboratorio de Física e Química. Para darlle un pouco de decoración de Natividade coroouse a árbore cunha estrela feita coa técnica de papiroflexia e a mesa cun papel vermello cheo de anotacións das diferentes ciencias. A coordinadorado Clube de Ciencia, Marina Pardela Varela, en nome de tod@s, aproveitou para felicitar as festas cunhas mensaxe codificada empregando os elementos químicos da táboa periódica, gardando o rigor ao elixir as cores para cada grupo de elementos: "Fe li Ce S Fe S Ta S I Es La Xe I Rh O " O obxectivo principal de esta decoración é facerlle ver ao alumnado que a Ciencia está presente no noso entorno e que, aínda que ten unha parte árida no seu estudo, tamén ten outra divertida e atraínte que compensa o esforzo! Participaron na actividade os departamentos de Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas e outros Profesores doutras especialidades que aportaron ideas e puxeron o seu grao de area axudando a colocar a peza ou valorando o traballo feito. Publicado martes 18 de decembro de 2018 no Faro de Vigo - DEZA Destacada participación do IES Laxeiro no campionato escolar de campo a travésPreto de 900 escolares da comarca do Deza participaron na fase zonal do campionato escolar de campo a través, enmarcado no programa XOGADE. O IES Laxeiro competiu con 75 alumnas e alumnos de 1º, º e 3º de ESO, desafiando ás duras condicións meteorolóxicas, con moito frío e abundante choiva. As profesoras Sara, Olalla, Cristian e Ricardo exerceron as labores de acompañamento e preparación. O equipo do Laxeiro completou unha notoria participación coa práctica totalidade dos-as atletas, nas distintas categorías, finalizando as carreiras e acadando varios podiums. Os-as medallistas son:
Parabéns para todas-os os-as participantes!
|
Novos números
|