Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
1º B.A.C.ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL: FORNELOS DE MONTES 29/05/2024 18:17
Europe/Madrid
O pasado 10 de maio o alumnado de primeiro curso de bacharelato e do ciclo superior de acondicionamiento físico desprazouse ata o Fornelos Wake Club (Fornelos de Montes) para realizar actividades acuáticas vencelladas á unidade didáctica “Actividades físicas no medio natural”. Realizáronse actividades de wakeboard, kayak, xogos en inchables, pedaletas e paddle surf ó longo de toda a mañá e a tarde.
ALUMNADO DE 1º DE BAC NO CAMIÑO DE SANTIAGO 08/06/2023 10:32
Europe/Madrid
O alumnado de 1º de BAC ven de completar 2 etapas do Camiño de Santiago, realizando o percorrido entre Vigo e Pontevedra, correspondente ao "Camiño portugués da costa". A 1ª etapa rematou no núcleo urbano de Redondela. O grupo pudo descansar e durmir no pabillón polideportivo desta localidade.
Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento
O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.
Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.
Convocatoria Extrordinaria: Datas das Probas - Bacharelato e FP BásicaPublicamos as Datas das Probas da Convocatoria Extraordinaria de Formación Profesional Básica e de Bacharelato. Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional FP Básica.
» Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.
Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Despedida do curso con actividade de SURF 23/06/2021
Europe/Madrid
Despois dun ano escolar difícil puidemos desfrutar dunha actividade física no medio natural a partir dun traballo desenvolto polo alumnado de 1º de BAC e con personal docente da empresa Son do mar Surf School. Toca vivir as vacacións. Podemos aproveitar para facer aquelas actividades que como o surf nos achegan ao medio natural a través do exercicio físico.
Tabla periódica tridimensional terminada.Este ano terminouse o proxecto da táboa periódica tridimensional. O ano pasado fixemos tres caras: o símbolo, as propiedades e as aplicacións. Este ano completamos con mulleres científicas galegas, e algunha internacional. Na cuarta cara está un código QR en cada científica que vos leva á información que buscastes o ano pasado, e que o departamento de galego axudou a pulir. Moitas gracias a tod@s por participar. Ide a ver como quedou o voso traballo.
» INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN" 24/05/2021
Europe/Madrid
O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo. Descubrindo ás Detectives do CancroCon motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 1º de bacharelato participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e coordinada por Marisol Soengas, que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir directamente quen é unha das “detectives do cancro”: a científica Sofía Mendes, que actualmente dedica a súa investigación á nanotecnoloxía para o cancro de páncreas. Descubriron dende a aula como é esta muller que investiga para facer fronte a esta enfermidade, como orientou a súa carreira e como chegou a ser unhas das grandes investigadoras no seu campo. Coa participación nesta actividade, visibilizamos a labor das mulleres investigadoras e fomentamos novas vocacións científicas, animando ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia. Unímonos así a mensaxe: "elas poden, ti podes". » Xornada de ráfting no IES LaxeiroNa solleira mañanciña deste venres 31 de maio mozas e mozos de 1º de bacharelato, con algunha intrépida alumna de 4º de ESO, descenderon un tramo do río Ulla a bordo de tres balsas neumáticas, completando unha fantástica experiencia de ráfting. O Ulla, un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e grazas ás temperaturas destes días, convidaba a mollarse e así foi, non só polas salpicaduras se non tamén polos chapuzóns (algúns adrede e outros non tanto). O bo facer dos profesionais de Arrepions contribuiu ao éxito desta xornada de ráfting desenvolta na zona de Herbón. Velaquí unhas instantáneas dos mellores momentos. Para ver todas as fotos, clica aquí ou en calquera das dúas fotos anteriores e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com).
|
Novos números
|