Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Último númeroSen medo a medrar! "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. Divulguemos estas palabras para ir medrando coa lingua!
Este proxecto foi realizado por: IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González CuñarroCEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso
» Proxectos do Club de Ciencias 2022Xa estamos a finais do curso escolar 2021-2022, e outro ano máis recollemos os Proxectos do noso Club de Ciencias: » Loco Festival ACNUR no IES LaxeiroAquí colgamos Fotos e Vídeos do noso Loco Festival para colaborar con ACNUR! Entrada [21/06/2022] do Faro de Vigo ---> "En el instituto Laxeiro de Lalín organizaron ayer el denominado Loco Festival para colaborar con Acnur y apoyar a los refugiados, en esta ocasión con el trasfondo de la guerra en Ucrania. Distintos departamentos didácticos y alumnos de varios cursos protagonizaron actividades diversas, desde un mosaico a cartelería, desde instalaciones reivindicativas y poemas a actuaciones musicales, percusión corporal, hucha solidaria y venta de pulseras y chapas ". Entrada [21/06/2022] da Voz de Galicia ---> "Estudiantes de Secundaria, Bachillerato y Educación Secundaria de Adultos del instituto Laxeiro participan ayer y hoy en distintas actividades del Loco Festival, una iniciativa con la que desea dar a conocer la labor del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Refugiados y Refugiadas (Acnur). Un equipo de esta entidad estuvo ayer filmando las distintas actividades que acoge el centro lalinense durante los recreos, como animación musical, venta de material, o distintas exposiciones para conocer además la situación de las personas desplazadas".
» FINALISTAS nos desafíos sobre Economía Circular de GALICIENCIAOs "Pitufos Científicos", equipo formado por Nuria Jar de la Fuente, África López Díaz e Samuel Núñez Grove, quedaron entre os 9 equipos finalistas dos 600 centros participantes para defender a súa proposta sobre economía circular no último reto final que tivo lugar, de xeito presencial, durante a celebración de Galiciencia. Competiron cos representantes doutros centros e aínda que non acadaron o premio defenderon con decisión e orixinalidade a súa idea.
Uníronse á visita das instalacións de Tecnópole os seus compañeiros e compañeiras de 4º ESO e todos/as tiveron a oportunidade de visitar a maior feira científica de Galicia. A temática deste ano, Economía circular, coincide coa do noso concurso de fotografía Luis Gustavo, no que ata o 30 de maio vos animamos a participar!
Ademais de visitar os stands, nos que alumnado de distintos centros galegos de primaria e secundaria presentaron os seus interesantes proxectos, o alumnado asistiu ao taller "Da liña ao círculo" no que se ofreceu unha perspectiva diferente do consumo potenciando o pensamento crítico e reflexivo de cada un de nós ante a necesidade de mudar a nosa actual economía lineal por unha economía circular baseada na planificación do deseño e vida dos produtos para lograr o máximo aproveitamento e reducir o consumo de recursos naturais.
» VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO E PÓRTICO DA GLORIAAlumnado Historia Da Arte de 2º BAC.Curso 2021-22
O día 28 de xaneiro o alumnado de Arte acompañado pola súa profesora, María Soledad Milmanda Cajaraville e polo profesor Jorge Fuentes Montoto visitaron a impresionante Catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria. Admiramos a magnífica restauración levada a cabo, desfrutando da policromía do Pórtico do Mestre Mateo.
Contemplamos a impoñente fachada do Obradoiro e bordeamos a Catedral descubrindo a cabeceira e a única fachada románica, a de Praterías.
Tras o parón da pandemia que nos impediu o curso pasado realizar esta actividade, foi un enorme pracer retomala, nun curso onde contamos cun numeroso grupo de Arte.
III Concurso Luis Gustavo - convocatoria 2021-2022Xa temos en marcha a terceira edición o III Concurso de Ciencias na honra do noso "principiño" Luis Gustavo Rodríguez Taboada. Para saber mais >> Acceder a Páxina Web do Concurso Luis Gustavo.
Noticia publicada no Faro de Vigo -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/12/18/uxia-rapado-gana-segunda-edicion-60802748.html Noticia publicada na Voz de Galicia -> https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/12/18/uxia-rapado-ganadora-premio-luis-gustavo-rodriguez/0003_202112D18C2991.htm Musiqueando no LaxeiroA COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro. Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica. Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración. Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D. Acceder ao documento --> estudio científico
Seguridade nas aulas en tempos de COVID.
O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de CO2 en aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2. Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf
» Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4º ESO do noso centro, actúan coma Inspectores Ambientais.Os alumnos de Bioloxía de 4º ESO do IES Laxeiro, dentro do programa do Proxecto Ríos, realizaron unha inspección do río Pontiñas para valorar a súa situación e calidade ambiental.
|
Novos números
|