Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ComplementariasParticipación do IES Laxeiro no encontro internacional en Kuopio (Finlandia)O IES Laxeiro participa, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, nun encontro internacional na cidade finesa de Kuopio xunto con delegacións do centro escolar Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu, sito na cidade turca de Tekirdağ, do Collège Marthe Dupeyron, da vila francesa de Langogne e os seus correspondentes do Jynkänlahden koulu na cidade nórdica. Un total de 20 estudantes, 6 deles lalinenses de 4º de ESO, son acollidos por outras tantas familias de Kuopio, mergullándose deste xeito na vida local de modo completo e mesmo na escolar pois participan de boa parte das súas actividades, xa derradeiras ao remataren o curso escolar no mes de maio. » Na recta final do proxecto Erasmus+ Tunnel of TimeA piques de marchar para Kuopio, onde terá lugar a derradeira xuntanza entre os socios, enfiamos o tramo final do proxecto Eramus+ bianal Tunnel of Time. Aquí deixamos unha sinopse do fixemos máis algo do que pasou no noso instituto nestes dous anos:
Deporte escolar: campionato de bádminton n'A EstradaEste martes 14 de maio celebrouse n'A Estrada a fase zonal da modalidade de Bádminton, correspondente as competicións do programa Deporte Escolar, organizada pola Xunta de Galicia. Alumnado de Silleda, A Estrada, Moraña e Lalín participaron nas categorías infantil e cadete masculino e feminino. 22 alumnas e alumnos do IES Laxeiro acudiron acompañados polo profesorado de EF, gozando dunha xornada deportiva con moi bo ambiente, na que fixeron labores de arbitraxe e de competidores. Parabens a todos e todas polo voso esforzo e comportamento. Visita do centro londiniense Vicente Cañada BlanchO pasado venres 10 de maio o IES Laxeiro recibiu a visita de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres que percorreron Galicia en viaxe de estudos. Son algo máis dun terzo dos 75 alumnos e alumnas que estudan o galego no centro educativo londiniense grazas ao convenio asinado, no ano 1991, entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e Turismo, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Alberto Garrido diserta no IES Laxeiro sobre os perigos da dopaxeO pasado venres 22 tivemos a oportunidade de escoitar a experiencia vital dun exculturista, Alberto Garrido, ferrolán de 44 anos que tivo a valentía de dar a coñecer, de primeira man, cales son as consecuencias do consumo de sustancias prohibidas e perigosas, co fin de mellorar o rendemento ou, como no seu caso, acadar un corpo acorde as esixencias do modelo de competición da súa disciplina. Entrevista no Faro de Vigo
Difusión da reunión en Langogne - FranciaO alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.
TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019
Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com
Charla no IES Laxeiro do colexiado da 1ª División na Liga de Fútbol Ignacio Iglesias VillanuevaO pasado martes 12 celebrouse no salón de actos do noso centro unha charla organizada pola subdelegación de árbitros de Lalín e na que contamos coa presenza de Ignacio Iglesias Villanueva, o único árbitro galego, entre un selecto grupo de 20, que arbitran na 1ª división da Liga de Fútbol Profesional. Tamén nos acompañou Bernardino González, ex-árbitro internacional e actual presidente do Comité Técnico Galego de árbitros, así como membros do colectivo arbitral da Lalín e comarca. A charla asistiu o alumnado de 2ª da ESO, e tratou sobre as posibilidade que ofrece a arbitraxe como saída profesional, incidindo nos requisitos formativos e nas posibilidades de enriquecemento persoal, exemplificadas polas experiencias que Ignacio Villanueva nos foi relatando de forma amena e distendida. Desde o colectivo de árbitros animaron a alumnos e alumnas do centro a iniciarse nesta disciplina, invitándoos a contactar con eles na súa oficina situada no Lalín Arena. Queremos felicitar ao alumnado polo seu comportamento e agradecer aos poñentes a súa visita, e a posibilidade que nos ofreceron para coñecer de primeira man a realidade da labor arbitral no fútbol.
Estadía en Langogne (Francia) de alumnado do IES LaxeiroDo 7 ao 13 de febreiro unha delegación do IES Laxeiro atópase visitando a localidade francesa de Langogne, no departamento de Lozère, onde se atopa o Collège Marthe Dupeyron, a escola de acollida. Esta vila, medieval duns 3200 habitantes, constitúe a porta nordeste da rexión Languedoc-Rosellón. Esta visita enmárcase no proxecto Erasmus+ “Tunnel of Time”, cofinanciado pola Comisión Europea, no que o noso instituto participa xunto con centros de Finlandia, Turquía e Francia. Tras unha primeira presentación á comunidade escolar, a delegación internacional foi recibida polo alcalde do comuna, o equivalente ao noso concello.
Entrevistas sobre a vida laboralO alumnado participante no proxecto Tunnel of Time entrevistou a persoas xubiladas, en activo e responsábeis de negocios ou empresas locais de cara a obter unha modesta visión interxeracional. Os resultados compártense cos obtidos polos países socios e coméntanse nos espazos comúns e reunións internacionais.
|
Novos números
|