Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ComplementariasVisita á residencia As Dores no marco do proxecto Tunnel of Time - Erasmus+No día de hoxe visitamos a residencia As Dores, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. Unha toma de contacto dentro deste proxecto de colaboración cos tres países socios, Finlandia, Francia e Turquía. As actividades do proxecto levaranse a cabo dun modo parello nos tres países para logo compartir as experiencias. Xa que vivimos nun mundo cada vez máis interconectado, globalizado, onde cada vez nos movemos máis, é importante coñecer outras culturas, outras linguas e adquirir habilidades sociais, para a vida. Somos cidadáns europeos que temos ou teremos a posibilidade de traballar e vivir noutros países. E por iso queremos cooperar con xente doutros países pero tamén con persoas do noso pobo, de diferentes idades, achegándose a cultura e valores propios. Coñecer á residencia e os seus residentes é un primeiro paso.
Xornada de cohesión TEIO pasado día 7 de abril desenvolvemos unha xornada de cohesión, enmarcada no programa TEI (Titoría entre iguais), protagonizada polos alumnos e alumnas de 1º da ESO (titorandos) e os de 3º de ESO (titores). Titores e titorandos participaron nunha serie de actividades e xogos onde a cooperación entre ambos se tornaba imprescindible: Cruzar o río, Eu guío, A miña prenda... No video podedes ver algúns momentos da xornada. Desde Kuopio ata Lalín
Do 14 ao 19 de outubro, dezaoito rapaces e rapazas finesas visitaron o IES Laxeiro. A visita corresponde á realizada polos alumnos e alumnas do IES Laxeiro á Jynkänlahden koulu, a súa escola, no mes de abril, dentro dun programa de intercambio coa cidade finesa de Kuopio. Estes alumnos, acompañados por dúas profesoras, foron acollidos por familias lalinenses e participaron na vida escolar do centro así como da convivencia familiar e vida social da nosa vila. O programa incluíu unha visita institucional ao concello así como a lugares emblemáticos da vila e da comarca como o museo Ramón Mª Aller, o Pazo de Liñares e museo da Marioneta, o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do Toxa. Igualmente, Santiago de Compostela e o pazo de Oca foron outras das visitas realizadas dentro do programa deste primeiro intercambio con Finlandia. Altamente satisfactoria e enriquecedora foi esta experiencia, que terá a súa continuación no presente curso escolar cando, no segundo trimestre, un grupo de estudantes do IES Laxeiro viaxe ata Kuopio para visitar a Jynkänlahden koulu. La Voz de Galicia, Faro de Vigo
Semana das LetrasA nosa semana das Letras comezou en realidade moito antes, cando algúns libros de galego comezaron a formar un ceo de Letras no vestíbulo de acceso á biblioteca; asemade, a face da Manuel María presidiu este mesmo espazo nunha escultura con libros que se fixo realidade grazas ao Dpto. de Plástica e ao seu alumnado. Logo, o luns 16 de maio, o que parecía algo bastante improbable materializouse nunha cadea humana que percorreu toda a vila unindo os dous centros de ensino secundario nun desexo común, a defensa da nosa Lingua e da nosa LIteratura, simbolizada nun intercambio de agasallo de dous libros para cada centro: cómic, investigación, música e poesía, e divulgación científica. O martes, propio Día das Letras galegas, o noso Club de Lectura foi quen lle deu vida á obra de Manuel María no Museo de Lalín. As actividades non remataron aquí; o xoves 19 acudimos á Praza de Abastos para pór en valor os produtos galegos na nosa Lingua aportando 3 grandes cartaces deseñados polo alumnado para que permanezan alí todo o ano, e para escoitar a Miro Casabella, cantautor defensor da nosa Cultura. Plan de Consumo de Froita no Laxeiro
O noso Instituto participa no Plan de Consumo de Froita promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Ao longo deste curso temos concedidos 4 períodos de reparto de froita durante os recreos para o noso alumnado. O primeiro período de reparto comezou o 30 de novembro e desenvolveuse ao longo de 10 días.
Os seguintes períodos terán lugar a partir do: - 15 de Febreiro - 4 de Abril - 6 de Xuño
Comendo froita e facendo exercicio físico a nosa saúde agradecerao. Un ano máis, contra a Violencia de XéneroNeste 25 de novembro puxémoslle nome a todas as vítimas do ano 2015. Unha flor violeta e unha folla individualizada simbolizaron a dor dos 48 asasinatos que ata este momento estaban oficialmente contabilizados. O alumnado de 4º de ESO A e PDC rodeou este acto simbólico con poemas, e declaracións de intencións. De fronte, o silencio dun público respectuoso sabedor da importancia que a nosa homenaxe particular tiña. O alumnado do Club de lectura puxo o seu gran de area interpretando unha performance nun acto que o Concello de Lalín organizou para toda a veciñanza, e no que participaron todos os Centros do Concello.
Na galería de imaxes tedes as fotos dese día, no que tamén, coa axuda do alumnado de 1º ESO A, plantamos primaveras en recordo a todas as vítimas. Asemade, queremos dar os parabéns ás alumnas María, Nerea, Aitana e aos alumnos Jorge e Anxo por seren os gañadores do Concurso de Twitter que organizou o Concello de Lalín. Aquí podedes ver, no arquivo adxunto, os chíos que mereceron ser premiados. Finalistas do IV Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2015 Aquí tendes un vídeo elaborado no propio centro:
Xornada de Convivencia na Devesa de Moa
A xornada foi un éxito de alegría e alumnos e profesores regresamos satisfeitos da experiencia. Neste enlace pódense ver algunhas fotos da xornada.
Visita do Dr. Ángel CarracedoO 2 do outubro tivemos a honra de ter entre nós ao Dr. Ángel Carracedo para desenvolver diversas actividades co noso alumnado. Entre música e presentacións adentrámonos no apaixoante mundo da investigación xenética mediante unha charla para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato. Descubrimos a placa que inaugura o Laboratorio de Bioloxía co seu nome, e o alumnado de 2º BAC disfrutou nel dun café coloquio. Na última hora da maña, o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a unha charla sobre o mundo da lectura. Nos seguintes enlaces pódense ver o programa de actividades, fotos e máis información publicada nos xornais da comarca: "El Faro de Vigo" e "La Voz de Galicia". Programa de actividades do día 2 de outubro Blog da Biblioteca ---> "Unha pegada indeleble" Resumo da visita Mastigamos saúde...O vindeiro luns 23 de febreiro continuaremos no Laxeiro co segundo periodo de reparto de froita durante os recreos para todo o alumnado do Centro; xa sabedes, a froita estará na entrada do pavillón A. Trátase dun programa promocionado e subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria, (FOGGA), e desde o noso Centro queremos recordarvos a necesidade de manter unha vida sá que se consegue cunha boa alimentación acompañada de exercicio físico diario. VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO
As alumnas de 2º de Bacharelato visitaron un ano máis a Catedral de Santiago. Acompañadas pola profesora de Arte viron, in situ, tanto a Catedral románica, as súas bóvedas, a cripta e as diferentes fachadas, coma a de Praterías. As obras de limpeza e restauración do Pórtico da Gloria impedíronnos velo, así mesmo a restauración da Fachada do Obradoiro dificultou o pleno disfrute deste monumento, cumio do Románico, avance do Gótico, e esplendor do Barroco. Aínda así, a visita a Santiago sempre vale a pena.
|
Novos números
|