Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ComplementariasParabéns aos gañadores do Concurso "Mestre Laxeiro"
No seguinte enlace pódense ver as obras premiadas no X Premio de Pintura escolar "Mestre Laxeiro" organizado polo Museo Municipal "Ramón Mª Aller" durante o mes de maio. Parabéns polo 1º Premio a Iria Varela e polos accesit de Alejandro Zas, Ana García Lois, Antonio Diéguez, Brais Vázquez, Lara Varela, Sandra García e Zaira Míguez. Voltamos coa froitaO vindeiro 19 de maio comezaremos cun novo periodo de reparto de froita durante os recreos. Aquí podes ver imaxes dalgúns traballos feitos polo alumnado de 1º de ESO para promocionar e reflexionar sobre o consumo saudable. Aproveita e ponlle cor á túa vida!. Pásate á froita!. Obradoiro de CaligrafíaO pasado 7 de maio un grupo de alumnado e profesorado participou nun Obradorio de Caligrafía, organizado pola Biblioteca e impartido polo profesor Jesús Mª Juaristi, experto no mundo da Caligrafía e da "Letra sen ansiedade". Traballamos con distintos tipos de materiais, plumas e tintas de distintos grosores e cores e disfrutamos aprendendo máis sobre esta "Arte". Aquí tedes unha pequena mostra das imaxes do Obradoiro. Viaxe Fin de curso 4º de ESODo 5 ao 11 de abril os nosos/as alumnos/as de 4º de ESO viaxaron a París con motivo da excursión de fin de curso. Visitaron os Museos e puntos de interese máis importantes. Complementaron esta visita con Versailles e Eurodisney.
"Clicka" aquí e comprenderás por que a esta capital se lle chama a cidade da luz e o do amor. Se queres ver a segunda parte.... de novo máis imaxes.
Pásate á froitaA partires do 31 de marzo comezaremos un novo período de distribución de froita para o noso alumnado. Terémola na entrada ao pabillón A e poderémola degustar durante os recreos. Trátase dunha actividade enmarcada no Programa "Aliménta-T ben" promovida polo FOGGA (Fondo galego de garantía agraria) e dentro do Plan Proxecta. Animáte coa froita!. Ponlle cor ás mañás!. Fai clik aquí para ver algunhas imaxes do proxecto que está levando adiante o alumnado de 1º de ESO. 1º da ESO na Biblioteca
O luns 18 de novembro foi un día de festa na Biblioteca do centro. Os tres grupos de 1º da ESO visitaron as instalacións e participaron en varias actividades que dende o Equipo da Biblioteca se organizaron para dinamizar este espazo e conseguir que os alumnos o coñezan e fagan un bo uso del. Aprenderon a localizar un libro nos andeis; poideron ver fotos antigas de como era fai 30 anos a nosa Biblioteca; incluso manosearon con sorpresa o libro máis antigo que forma parte dos máis de 13.500 volúmenes dos que dispoñemos: un exemplar de La Celestina que data de 1876. Nesta galería de fotos podedes ver aos participantes na actividade.
Alumnado de 1º ESO participa no " Correlingua".O 8 de maio celebrouse en Silleda o "Correlingua", unha marcha en favor do Galego na que o noso alumnado de 1º ESO participou expresando as súas ideas. Aquí podedes ver as pancartas que fixeron desde Plástica. 2º premio no Rallie de CienciasUn grupo de 8 alumnos/as de 4º ESO acadaron o 2º premio na Final do Rallie de Ciencias sen Fronterias, celebrada o 10 de Abril en Santiago. Aquí podedes ver algunhas fotos. Festival de entroidoO venres 8 de febreiro a partir das 12:35, festexamos o Entroido no patio do IES Laxeiro cun concurso de disfraces, e coa actuación da charanga " A Chiringota" composta principalmente por alumnado do noso Centro. A mellor actuación individual foi para David Díaz que interpretou "Dulce locura" de Amaia Montero. Avelino Souto e Olaya Vales xunto con Albert Cuñarro e Isabel Otero interpretaron "As Divas", unha pequena actuación teatral e finalmente o premio á mellor actuación en grupo foi para "Desaucio" composto por alumnado de 2º Bacharelato. Podemos recordar este evento vendo a galería de imaxes. Concurso "nove palabras que precisa o galego"Traballando e aprendendo linguas e os camiños dunhas a outras; coa pretensión de non pretender nada máis que ao pasar o tempo pensar que o perdimos ben perdido para que outr@s nos atopen, ... propoñemos este concurso no que poderás consultar as bases nesta ligazón www.laxastraducidas.blogspot.com
|
Novos números
|