Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ComplementariasOs nosos contos favoritos: GaravanciñoAs alumnas e alumnos de 5 anos de Educación Infantil achégannos unha soberbia interpretación do coñecido conto de Garavanciño, a cal levamos a reunión transnacional en Tekirdag para amosar aos participantes dos países socios. Os nosos contos favoritos: Sabeliña e a mouraOs rapaces e rapazas de 4 anos que achegan e ilustran fantásticamente a lenda de Sabeliña e a moura para os noso proxecto. Logo do proxecto Tunnel of TimeXa temos logo do proxecto Tunnel of Time. Os votos dos participantes españois, fineses, franceses e turcos resultaron na elección, de entre os tres seleccionados en cada país, do logo dunha estudante finesa como logotipo oficial do proxecto no que participa o IES Laxeiro. Este é o elixido:
» Anxo Moure e alumnas-os do Laxeiro no CEIP M. RiveroDías atrás as nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero aprenderon e divertíronse coas historias de O carballo con botas, contadas de primeira man polo seu autor Anxo Moure. Son historias que defenden os bosques de carballos, teixos, bidueiros... e tentan fomentar o coidado do noso hábitat natural, frecuentemente ameazado desde diversas frontes. Concurso de logotipos Tunnel of TimeO alumnado de 3º e 4º de ESO participou no deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do proxecto Tunnel of Time. Velaquí unha mostra do proceso e dos logos presentados. O xurado, composto por catro alumnos-as de bacharelato e tres profesores, elixiu como finalistas » Un ano máis arranca o programa TEI no IES LaxeiroO Programa TEI (Titorización Entre Iguais) arranca de novo... » Visita e contacontos no CEIP Manuel RiveroAlumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro, moitos deles membros do Club de Lectura do centro, visitaron hoxe as aulas de Educación Infantil do CEIP Manuel Rivero, no marco do proxecto Tunnel of Time. Hoxe levaron a cabo unha amena actividade introdutoria cos nenos e nenas de Educación Infantil do M. Rivero. Nunha sesión de contacontos, o alumnado do IES Laxeiro púxolle voz a contos e historias ilustrados que atentamente escoitaron os máis de 70 cativos e que supón o prefacio para próximas actividades conxuntas, na que contan tamén coa inestimable colaboración das profesoras do colexio.
» Xornada de Convivencia con 1º de ESOEste venres, 13 de outubro, as alumnoas e alumnos de 1º de ESO xunto cos seus profesores e profesoras participaron nunha Xornada de Convivencia, co fin de facilitar o coñecemento e cohesión do alumnado, que provén de diferentes centros de Primaria e tamén establecer relacións de proximidade cos distintos profesores. Unha andaina pola Devesa de Moa permitiulles compartir conversa e camiñata, e coñecer as excelencias naturais desta paraxe, da que cabe destacar a súa ampla biodiversidade botánica e zoolóxica. Unha agrabable xornada para todos e todas.
|
Novos números
|