Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ComplementariasPrograma Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San IsidroAlumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León. » Comeza a liga de fútbol sala do IES LaxeiroO próximo xoves 22 de outubro comeza a temporada 2009-10 da liga de fútbol sala do IES Laxeiro. Os partidos disputaranse todos os xoves, no pavillón municpal, entre as 16 e 18 h. A relación de equipos participantes, normas e calendario expóñense no taboleiro de actividades do centro Para coñecer as regras deste deste deporte, podes visitar a páxina da LNFS Liga Fútbol SalaO xoves 11 de xuño, no pavillón municipal de Lalín, xogouse a Final da Liga de Fútbol Sala 08/09 do IES Laxeiro. Os equipos que disputaron este partido foron "Entendes" e "Castigadores" cun resultado de 7-4 a favor de "Entendes". O equipo que acadou o 3º posto foi "Unión Penosa". Literatura de tradición oral das terras de SanabriaO venres 6 de febreiro ás 12,30 a Biblioteca do IES Laxeiro organiza unha seión de contacontos con José Luis Gutiérrez "Guti" que nos traerá unha selección de romances populares das terras de Sanabria. » Visita a Baiona e a O RosalO alumnado de 2º da ESO ven de visitar Baiona e O Rosal. Na mañá do luns 12 de maio realizaron algúns itinerarios e visitas de carácter histórico pola vila de Baiona. Pola tarde, completaron a saída facendo unha ruta de sendeirismo polos muíños do Folón e do Picón, no concello d'O Rosal. Visita a Bande, CelanovaO alumnado de 1º curso da E.S.O. ven de realizar unha viaxe didáctica a Bande, en Celanova, organizada polo departamento de Língua Galega. A viaxe tivo lugar durante a mañá e a tarde do mércores, 30 de abril. Deporte na escolaO IES Laxeiro participa no programa Deporte na Escola, promovido pola Dirección Xeral para o Deporte e a Consellería de Educación. Trátase dunha nova experiencia deportiva no ámbito escolar de recente desenvolvemento. »
|
Novos números
|