Proxecto TI© EMPRENDES

Temos Información relativa ao proxecto TI© EMPRENDES da Deputación de Pontevedra, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo (axudas EMP-POEJ) e a Deputación de Pontevedra.

A datas previstas para empezar son a partir de setembro de 2020.

Desde o proxecto TI© EMPRENDES ofrécese:

–      11 itinerarios formativos de 125 horas de duración (100h. de formación específica e 25 de emprendemento): Formación específica (eminentemente práctica) en sectores co maior crecemento e demanda nos últimos anos como tecnoloxías da información e comunicación, turismo, lecer, deportes e restauración

–      Formación en autoemprego e/ou creación de empresas

–      Titorías de orientación profesional, emprendemento e autoemprego (elaboración do perfil formativo e profesional, e acompañamento a inserción laboral)

–      Axudas económicas de 13,45 € por día de asistencia á formación

–      Diploma de asistencia da acción formativa realizada e finalizada

–      Titorías de orientación profesional, emprendemento e autoemprego

–      Diploma de asistencia da acción formativa realizada e finalizada

Dirixidas a persoas mozas:

-        Entre 16 e 30 anos

-        Inscritas No Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (axudamos a darse de alta senón están inscritas)

-        Empadroadas nalǵun dos seguintes concellos: A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Forcarei, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.

-        Desempregadas

-        Non integradas no sistema de educación ou formación

O obxetivo a lograr deste proxecto é mellorar as condicións de empregabilidade, contribuíndo  afrontar o reto demográfico nos municipios con menor poboación.

As accións formativas son as seguintes, a razón de 5 horas diarias de formación presencial:

-        Aplicacións móbiles (apps)

-        Venda de produtos e servizos turísticos

-        Operacións básicas de pisos en aloxamentos

-        Creación e xestión de tendas en liña

-        Servizos de bar e cafetería

-        Organización e xestión de almacéns

-        Márketing dixital: estratexias SEO/SEM, redes sociais e análise de tráfico web

-        Guía por itinerarios en bicicleta

-        DJ (intensivo)

-        Contidos dixitais, imaxe, vídeo e videoxogos

-        Monitora ou monitor deportivo: acondicionamento físico en grupo con soporte musical, este TAMÉN SE FAI EN FORCAREI.

Xa se pode SOLICITAR PARTICIPAR, a preinscripción faise a través da sede electrónica da Deputación, en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que están empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante, e estará aberto  o prazo ata 15 días antes do comezo de cada acción formativa (polo lo momento aínda se están concretando as datas, temos previsto comenzar a partires de setembro, tan pronto as vaiamos tendo as colgaremos na web do proxecto).
 
Para axudarlles a cumplimentar o formulario de solicitude e aclararlles as posibles dúbidas, e calquera cousa que necesiten aquí teñen o noso contacto: teléfono 886 217 320, 986 804 100 (extensión 47 320), e teléfono móbil 649.109.776, e temos máis información na nosa web: https://www.depo.gal/tic-emprendes en relación as accións formativas e zonas (agrupados os concellos).


Proxecto TIC Emprendes

Web da Deputación

Deputación Provincial de Pontevedra
Herminia Dios Poceiro
Técnica de Inserción Laboral
Tlf: +34 986 80 41 00 (Ext. 57318)
Mail: herminia.dios@depo.es

Cooperación
Viveiro de Empresas de Barro
Polígono Industrial de Barro-Meis, lugar de Outeda-Curro, Barro. Barro
36692 PONTEVEDRA - ES


AdxuntoTamaño
Print_CARTEL XORNADA PRESENTACIÓN.pdf744.53 KB