Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Educación FísicaRUTA POLO "CAMIÑO DE INVERNO 23/06/2022 08:58
Europe/Madrid
O pasado venres 17 o alumnado de 2º de ESO realizou 12 km do "Camiño de inverno" correspondentes a etapa "Rodeiro-Lalín". A actividade organizouse desde o departamento de EF en colaboración con docentes doutras materias e dentro do programa de actividades complementarias do centro e do ERASMUS+ "21st century skills through traditional outdoor games". Deixamos algunha imaxes da actividade.
Despedida do curso con actividade de SURF 23/06/2021
Europe/Madrid
Despois dun ano escolar difícil puidemos desfrutar dunha actividade física no medio natural a partir dun traballo desenvolto polo alumnado de 1º de BAC e con personal docente da empresa Son do mar Surf School. Toca vivir as vacacións. Podemos aproveitar para facer aquelas actividades que como o surf nos achegan ao medio natural a través do exercicio físico.
CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL" 05/06/2021 16:26
Europe/Madrid
O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.
INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN" 24/05/2021
Europe/Madrid
O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo. Programación da área de Educación Física 2020-21No arquivos adxunto podedes consultar a programación do departamento de Educación Física e os contidos mínimos e criterios de avaliación e cualificación. Para a consulta da normas de funcionamento das clases de Educación Física, así como outros documentos relativos á materia, dirixidevos á aula virtual do IES Laxeiro. » Intercambio co Auguste Viktoria Schule de Itzehoe (Alemaña)
Un grupo de dezaseis estudantes de 3º de ESO participa no intercambio co Auguste Viktoria Schule (AVS), situado na localidade alemá de Itzehoe, no estado federado de Schleswig-Holstein. Esta pequena cidade duns 30.000 habitantes atópase a 50 km de Hamburgo e acolle aos estudantes dezaos do 2 ao 9 de marzo. Alí conviven coas familias e asisten a clase no Gymnasium AVS, o equivalente aos nosos institutos pero que só acolle estudantes que optan á universidade ou outros estudos superiores. A escola conta coa materia de español como optativa e son estes estudantes acollen aos do Laxeiro. Esta experiencia educativa permite a inmersión na cultura e vida diaria das familias alemás pois conviven con elas e asisten ás clases cos seus anfitrións. O programa tamén contempla actividades culturais e deportivas e a visita á cidade de Hamburgo. O alumnado da Auguste Viktoria Schule (AVS) estará no IES Laxeiro do 11 ao 17 de maio. Excelente actuación do IES Laxeiro na fase zonal do campionato escolar de orientaciónEste martes, 18 de febreiro, cincuenta estudantes de 2º de ESO do IES Laxeiro participaron no campionato zonal de orientación, celebrado no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Un total de seis centros escolares competiron na modalidade de carreira de orientación, na que o IES Laxeiro acadou un éxito notable. Na categoría máis concorrida (infantil) logramos meritorios postos.
Integración en CanadáO profesor do Educación Física, Xosé M. García, participou nunha estadía no instituto canadense Bell High School, situado na capital Ottawa. Esta experiencia é unha das modalidades que ofrece o programa PIALE da Consellería de Educación para o profesorado galego. Trátase dun programa de inmersión total, neste caso en inglés, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, no centro escolar de Canadá. A experiencia foi moi produtiva, segundo Xosé M. Por un lado, supón un pulo na mellora da competencia lingüística: mellora a confianza en canto á expresión e comprensión oral, a fala e a escoita, en inglés. O feito de ter que enfrontarse a situacións cotiás noutra lingua para resolver algúns problemas, ir ao teatro ou ter conversacións telefónicas, por exemplo, constitúe un reforzo e inflexión na aprendizaxe da lingua. Doutra banda, asistir ás clases da materia que impartes permite coñecer de primeira man o vocabulario específico, as expresións e o seu uso no contexto apropiado. Por outro lado, a observación da práctica docente, da organización escolar ou tratamento da diversidade permite reflexionar sobre a propia práctica e realidade escolar. É interesante descubrir aspectos do sistema escolar transferibles ou adaptables nas nosas escolas, así como as boas prácticas. Neste sentido destacaría:
Moitos dos aspectos transferibles dependen de decisións que traspasan o ámbito dunha escola polo que dependen da vontade dos lexisladores e gobernantes. Pero algunhas das prácticas, especialmente no contexto da aula, si se poden implementar. En todo caso, debemos ter en conta que as sociedades sobre as que se asenta a escola non funcionan exactamente igual polo que cómpre reflexionar sobre o que pode encaixar ou non; non vale o copia e pega. O profesorado de Educación Física da Bell HS impartía varias materias dentro do ámbito do departamento: Healthy Living and Personal and Fitness Activities, Healthy Living and Large-Group Activities, Introductory Kinesiology, Healthy Living and Rhythm and Movement Activities, entre outras. Estas foron o foco de observación durante a estadía e supuxo a parte máis interesante, máis aínda pola posibilidade de participar en actividades ligadas ao deporte nacional como o hóckey sobre xeo, algo bastante alleo á realidade galega. Porque outra das características das escolas é a excelente dotación en equipamento e espazos de que dispoñen; no caso da Bell HS tiña a súa disposición o Bell Arena (con pista de xeo regulamentaria), campo de béisbol, de fútbol, un sala de fitness e outra de spinning, un ximnasio e varios espazos máis para EF. En definitiva, asistir ás clases de Physed (Physical Education), como eles lle chaman, interactuar con alumnado e profesorado supuxo un reto enriquecedor. O manexo da clase de Physed é bastante similar ao que se leva a cabo en Galicia pero a forma de organizar esta materia nas escolas difire polo optatividade das materias, a duración dos períodos lectivos (75 minutos) e o currículo. Con todo calquera estudante ou profesor galego non tardaría en adaptarse a estas clases (mesmo ao sosego e ausencia de ruído que caracterizan o desenvolvemento das clases en xeral) Ademais, asistiu como observador a outras clases como ESL (Inglés como Segunda Lingua), grupos onde se podía comprobar o grado de diversidade cultural das escolas canadenses e o tratamento do ensino da lingua. Tamén puido observar o desenvolvemento noutras áreas como Artes. En definitiva, unha experiencia recomendable para todo docente e que, por outro lado, tamén nos fai ver que aquí, nas escolas galegas, tamén se está a innovar e a desenvolver moi boas prácticas.
O IES Laxeiro participa no XOGADE (deporte en idade escolar): campo a través en SilledaEste mércores 4 celebrouse no recinto ferial da semana verde de Silleda unha nova edición do “Cross escolar”, actividade programada dentro do XOGADE que é o plan de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia. Para ver as fotos debes identificarte coa túa conta @ieslaxeiro.com 120 minutos de actividade física no IES Laxeiro no Día Europeo do DeporteO pasado venres 27 de setembro sumámonos as propostas para celebrar o Día Europeo do Deporte Escolar (# ESSD2019), alcanzando ese día 120 minutos de actividade física non centro, cunha ampla participación entre o alumnado. Unha xornada para visibilizar a necesidade de estar activos físicamente para gozar de calidade de vida xa que, como ten dito Noel Clarasó, “o corpo, se se trata ben, pode durar toda la vida”.
|
Novos números
|