Educación Física

Desde Kuopio ata Lalín

Intercambio con Finlandia

Do 14 ao 19 de outubro, dezaoito rapaces e rapazas finesas visitaron o IES Laxeiro. A visita corresponde á realizada polos alumnos e alumnas do IES Laxeiro á Jynkänlahden koulu, a súa escola, no mes de abril, dentro dun programa de intercambio coa cidade finesa de Kuopio.  Estes alumnos, acompañados por dúas profesoras, foron acollidos por familias lalinenses e participaron na vida escolar do centro así como da convivencia familiar e vida social da nosa vila.

O programa incluíu unha visita institucional ao concello así como a lugares emblemáticos da vila e da comarca como o museo Ramón Mª Aller, o Pazo de Liñares e museo da Marioneta, o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do Toxa.  Igualmente,  Santiago de Compostela  e o pazo de Oca foron outras das visitas realizadas dentro do programa deste primeiro intercambio con Finlandia.

Altamente satisfactoria e enriquecedora foi esta experiencia, que terá a súa continuación no presente curso escolar cando, no segundo trimestre, un grupo de estudantes do IES Laxeiro viaxe ata Kuopio para visitar a Jynkänlahden koulu.

 La Voz de Galicia, Faro de Vigo

 

 

A Canadian experience

Durante o pasado mes de outubro o profesor de EF do IES Laxeiro, Xosé Manuel García, participou dunha estadía en Canadá, enmarcada no programa PIALE. O Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras comprende unha serie de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística  e comunicativa do profesorado.
A súa participación consistiu na integración na vida escolar da Academia Beurling, unha high school situada en Verdún, un distrito da cidade quebequense de Montreal... ler máis

 

 

 

Alumnado de 1º ESO participa no " Correlingua".

O 8 de maio celebrouse en Silleda o "Correlingua", unha marcha en favor do Galego na que o noso alumnado de 1º ESO participou expresando as súas ideas. Aquí podedes ver as pancartas que fixeron desde Plástica.

Día da bici no IES Laxeiro

O día 16 de outubro foi declarado Día da Bici nos centros desde a Institución Galega de Ciencia. Trátase de fomentar o uso da bicicleta entre os escolares como medio de transporte e como actividade física saudable no tempo de lecer, favorecendo a sostibilidade e a eficiencia enerxética.

Con este motivo, organizamos unha xincana ou proba de habilidades chamada Buscando á/ó máis hábil e seguro/a na bicicleta

Baloncesto 3x3 nos recreos

 

REGULAMENTO DE BALONCESTO 3X3 IES Laxeiro

  • Xogan dous equipos nunha soa canastra.
  • Os equipos están formados por 4 xogadores/as, un/ha deles/as empeza como suplente. En pista, polo tanto, xogan 3 contra 3.

Liga de fútbol sala nos recreos de IES Laxeiro

BASES E NORMAS DO TORNEO

  • Cada equipo estará formado por un máximo de 6 alumnos/as, os cales deberán figurar na ficha de inscrición e non poderán cambiar de equipo.

Noraboa aos nosos cadetes!

Temos a satisfacción e o orgullo de contar entre o noso alumnado con algúns dos novos subcampións de España de balonmán, na categoría de Cadetes. Un grupo de alumnos que entende o deporte de equipo como sacrificio, competitividade... pero sobre todo deportividade!

Cadetes do IES Laxeiro

Liga de fútbol sala IES Laxeiro

Un ano máis, e xa van uns cantos, ven de rematar a Liga de fútbol sala 2010-11 do IES Laxeiro.Esta competición tivo unha primeira fase de liga a dobre volta para rematar nunha fase final polo sistema de play-off.Logo de disputadas xornadas, a fase de liga rematou encabezada polo equipo de bacharelato Montan a Hanna, seguidos por Cheas FS, do ciclo formativo de Electricidade. No terceiro e cuarto posto situaronse equipos da ESO: Black Stars e Pepsiconas FS. Completaron a clasificación Equipo A, Kukuxumuxo FS, Chuck Norris e CSMI II.A final enfrontou a  Montan a Hanna e Pepsiconas FS nun partido de alto nivel, gañando claramente os alumnos de 4º de ESO  (Pepsiconas FS) e que os proclama vencedores da Liga Laxeiro de fútbol Sala 2010-11.

Este é o cadro de horna da Liga Laxeiro 2010-11

 

 

Programa Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San Isidro

Alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León.

Comeza a liga de fútbol sala do IES Laxeiro

O próximo xoves 22 de outubro comeza a temporada 2009-10 da liga de fútbol sala do IES Laxeiro. Os partidos disputaranse todos os xoves, no pavillón municpal, entre as 16 e 18 h. A relación de equipos participantes, normas e calendario expóñense no taboleiro de actividades do centro

Para coñecer as regras deste deste deporte, podes visitar a páxina da LNFS

Distribuir contido