REGULAMENTO DE BALONCESTO 3X3 IES Laxeiro
- Xogan dous equipos nunha soa canastra.
- Os equipos están formados por 4 xogadores/as, un/ha deles/as empeza como suplente. En pista, polo tanto, xogan 3 contra 3.
- Cada equipo debe nomear un/ha capitán/a.
- O xogo desenvolverase durante o recreo. Ao remate deste tempo, gañará o encontro o equipo que vaia por diante no marcador.
- No caso de que o partido remate en empate, os/as tres xogadores/as que estaban na pista terán que lanzar un tiro libre e gañará o equipo que máis canastras meta. Se seguen empatados, cada xogador volve a tirar un tiro libre e perderá o equipo que primeiro falle, sempre e cando non meta canastra o xogador do outro equipo que lle correspondería tirar despois.
- Cada canastra vale 1 punto, agás as conseguidas más alá da liña de tripla, que valen 2 puntos.
- A primeira posesión do balón será sorteada.
- Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír fóra da liña de tripla; no noso ximnasio haberá que sacar o balón fóra da 1ª xunta de dilatación que hai na cancha. Se o equipo defensor comeza o ataque sen saír da liña de tripla e consegue canastra, esta canastra apúntaselle ao outro equipo.
- Despois de cada canastra o balón cambia de posesión e se inicia o xogo desde a liña de medio campo.
- Cando o balón sae fóra, deberá poñerse en xogo desde a banda.
- As loitas supoñen, SEMPRE, a posesión do balón para o equipo que defendía.
- As faltas persoais deberán sacarse sempre desde a banda. A partir da 5ª falta do equipo, todas as faltas sanciónanse cun tiro libre. No caso de encestar o tiro libre, o balón será para o equipo contrario. Se non converte o tiro libre, o balón seguirá en posesión do mesmo equipo.
- Os/as xogadores/as serán eliminados/as ao cometer a 5ª falta persoal. O xogo pode continuar ata que un dos equipos quede cun/ha só/a xogador/a.
- As faltas intencionadas non se permitirán e serán penalizadas cun tiro libre e posesión do balón para o equipo que recibe a falta.
- Todas as faltas serán sinaladas polos/as xogadores/as.
- Haberá un/ha “árbitro” de campo que será o/a encargado/a de levar o tempo, puntos conseguidos por cada equipo, nº de faltas persoais de cada xogador/a e de cada equipo, etc. e mediará no caso de non existir acordo nas faltas sinaladas polos/as xogadores/as.
- As regras básicas (pasos, dobres, zona, etc,) son as mesmas que no baloncesto.
Faremos dous grupos 1º ciclo (1º-2º ESO) e 2ºciclo (3º e 4º ESO, xunto con bacharelato). Os xogadores de cada grupo deberán pertencer a eses cursos, podendo ser de distintas clases.
OS PARTIDOS XOGARÁNSE SÓ NO 2º RECREO.
O 1º RECREO QUEDA PARA XOGO LIBRE, AGÁS QUE TEÑAMOS UN NÚMERO ELEVADO DE EQUIPOS. Neste caso miraríase de xogar tamén no primeiro recreo
Os resultados de cada partido entregaráselle ao profesor de EF e anotaraos no taboleiro do ximnasio (só pode escribir os resultados no taboleiro o profesor).