BASES E NORMAS DO TORNEO
- Cada equipo estará formado por un máximo de 6 alumnos/as, os cales deberán figurar na ficha de inscrición e non poderán cambiar de equipo. Pedir a ficha de inscrición no ximnasio ou en vicedirección.
- Nos partidos xogarán 4 contra 4. Os cambios deben avisarse e facerse pola liña de medio campo. Os suplentes xogarán un mínimo de 5 minutos en cada partido.
- Cada partido gañado suporá 3 puntos e empatado 1 punto.
- O sistema de competición será unha liga de todos contra todos.
- Faremos dous grupos 1º ciclo (1º-2º ESO) e 2ºciclo (3º e 4º ESO). Os xogadores de cada grupo deberán pertencer a eses cursos, podendo pertencer a distintas clases.
- Cada equipo deberá ter un ou dous árbitros que arbitrarán partidos onde non participe o seu equipo.
- Un xogador non poderá xogar con outro equipo que non sexa o seu (suporá a perda do partido).
- Os partidos duran 15 minutos no recreo. Chegar tarde á clase despois do partido pode dar lugar a descualificación dos xogadores implicados.
- Cada equipo terá un nome co que poder identificalo.
- Cada equipo nomeará un capitán que representará ao equipo.
- Os días que chova aprazarase o partido. En caso de dúbida consultar cos profesores de EF.
- O equipo que non se presente, sen causa xustificada, perderá o partido.
- O árbitro collerá o balón e chifro no ximnasio, devolvéndoos ao final do recreo
- O árbitro anotará o resultado e incidencias nunha folla que entregará ao profe de E.F.
- Calquera acto de violencia ou agresión (verbal ou física) supón descualificación do torneo e os PARTES DISCIPLINARIOS oportunos.
¡¡QUE GAÑE O MELLOR E XOGA LIMPO!!
OS PARTIDOS XOGARÁNSE SÓ NO 2º RECREO.
OS PARTIDOS APRAZADOS (POLA CHUVIA OU OUTRAS CAUSAS) XOGARANSE AO FINAL DA 1ª VOLTA.
O 1º RECREO QUEDA PARA XOGO LIBRE
LEMBRADE:
PISTA VERDE 1º CICLO ESO
PISTA GRIS 2º CICLO ESO E 1º BAC
Ao finalizar cada volta poñerase a clasificación
Os resultados de cada partido entregaráselle ao profesor de EF e anotaraos no taboleiro do ximnasio (só pode escribir os resultados no taboleiro o profesor).