ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA - CSAF EN SETEMBRO E OUTUBRO

25/10/2024 15:20
Europe/Madrid

Neste inicio de curso o departamento de EF ven de desenvolver en colaboración co equipo directivo e outros departamentos do IES Laxeiro 3 actividades dirixidas a fomentar a actividade física saudable e aumentar a súa práctica. Amosamos algunhas imaxes destas 3 actividades: 

1. ACONDICIONAMENTO FÍSICO CON ALUMNADO POLONÉS

Actividade diseñada e dirixida polo alumnado de 2º do CSAF e coordinada polo docente J. Sueiro. Participaron un total de 30 alumnos, 15 de 4º da ESO do IES Laxeiro e 15 poloneses  que participan nun programa de intercambio entre centros.

 

 2. INICIACIÓN AO RUGBY CO CLUB RUGBY CORETI LALÍN

Actividade realizada con todo o alumnado da ESO e dirixida por Angel Piñeiro, adestrador do Club Rugby Coreti Lalín. 

 

3. Xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO

Trátase dunha actividade na que pretendemos que o novo alumnado do Laxeiro se coñeza e interaccione, utilizando o exercicio físico como ferramenta. Contamos de novo co traballo do alumnado de 2º do CSAF e a coordinación do docente dos módulos de Fitness en sala polivalente e Habilidades sociais, Javier Sueiro.