Liñas de Traballo Grupo TIC - 2020/21

 

Ao longo de todos estos cursos académicos, dende a incorporación do noso centro ao Proxecto de Webs Dinámicas, da nosa incorporación ao Proxecto Abalar e logo ao Proxecto E-Dixgal, todolos anos redactamos o plan de dinamización das tecnoloxías da información e da comunicación. Dende o grupo TIC, xa levamos anos traballando para elaborar o dito plan e algunhas das liñas de actuación que se van a recoller xa se comezaron a desenvolver.

As liñas principais de traballo que se van a contemplar no plan TIC son as seguintes:

  • Coordinación no Plan de Formación Permanente do noso Profesorado do centro PFPP. Temos activo Liña de Formación en Ferramentas Dixitais na procura de alcanzar o modelo de Centro Educativo Dixital. Colaboramos co CFR de Lalín do propio centro.
  • Xestión e Control de Incidencias sobre as infraestruturas informáticas do centro, tanto equipamento dixital como do Proxecto E-DixGal.
  • Soporte Técnico aos diferentes Grupos de Traballo do noso centro; coma a participación no Grupo de Biblioteca, do Club de Ciencia e outros grupos puntuais referentes a actividades coma Día da Ciencia e/ou similares.
  • Cooperación e asesoramento aos Programa Erasmus + do noso centro, difusión e publicidade de experiencias educativas.
  • Participación e colaboración para a posta en funcionamento do Bacharelato de Excelencia STEM en Science, Technology, Engineering and Mathematics (CienciaTecnologíaIngeniería y Matemáticas).
  • Participación e Renovación do proxecto de webs dinámicas da Consellería de Educación. Como podedes comprobar, xa está a páxina web en pleno funcionamento e con necesidade de renovación tanto de contidos coma de ferramentas colaborativas...
  • Mantemento da páxina web do centro e incorporación de novas funcionalidades. Algunhas partes do sitio web (actividades, información académica, etc.) están actualizadas pero aínda queda moito traballo que facer noutros dos bloques da páxina e revisar.
  • Potenciar o uso da Aula Virtual. O curso pasado parte do profesorado do grupo TIC  estivo probando a Aula Virtual. Neste curso, xa coa Aula Virtual en funcionamento, intentaremos que se extenda o seu uso a máis profesorado. Xa temos presencia da nosa Aula Virtual MOODLE para dispositivos móviles, tablet e móviles.
  • Potenciar o uso dos Servizos Dixitais Educativos, servizo de videoconferencia, plataforma educativa EVA-E-DixGal, Entornos Viruais de Aprendizaxe.
  • Asesorar no Emprego das Ferramentas TIC que temos no centro, Servizo de Xestión Académica SIXA.
  • Asesorar no Emprego das Ferramentas TIC do ámbito educativo das Google Apps do noso dominio @ieslaxeiro.com (Gmail, Drive, Classroom...). Xestión e administración do Dominio @ieslaxeiro.com.
  • Incorporación de ferramentas de control nas aulas de ordenadores. Comezamos nas Aulas E-Dixgal instalando o programa Epoptes e, unha vez pasada a fase de probas,  intentarase extender a iniciativa a outras aulas.
  • Medidas de promoción de software libre. O profesorado de Informática e de Tecnoloxías da Información e da Comunicación xa imparte as súas clases principalmente con ferramentas de software libre. Intentaremos potenciar o seu uso entre o alumnado e o resto de profesorado.
  • Instalación dalgunha rede de terminais lixeiros. Xa temos neste momento creada e funcionando unha pequena rede na aula de Tecnoloxía Industrial (desinstalada).
  • Creación dunha intranet educativa de centro, con recopilación de materiais e espazos de interacción entre o profesorado. Este é o punto menos desenvolvido, de momento estamos a recopilar ligazóns de interese para o profesorado e a utilizar marcadores sociais para organizar a información. De feito será unha liña a retomar no caso de sobrecarga das Apps educativas de Google.
  • Asesoramento co Equipo Directivo para necesidades puntuais coma o proceso de matrícula, para seguimentos da propia comunidade educativa, grupo de whatsapp... 
  • Dar robustez e soporte técnico sobre o equipamento e infraestrutura informática do noso centro. Renovación de Equipamento ( postos informáticos e equipos de rede e WIFI. Control de Inventario.

e por suposto ,

  • A necesidade da incorporación de novos membros!     Benvid@s a tod@s!

 

De todos xeitos mais Liñas de traballo a reforzar serían :

 

· Organización e liñas de actuación para a integración das TIC nas aulas (implicacións do profesorado, do alumnado, do resto de persoal do centro, emprego de recursos, disposición espacial das aulas, protocolos, etc.)

 · Emprego da metodoloxía de proxectos utilizando as TIC

 · Encerado Dixital Interactivo (EDI): coñecemento e uso das funcionalidades do EDI e elaboración de recursos didácticos para o emprego na aula.

 · Incorporación de boas prácticas educativas que usen as TIC como experiencias de aula.

 · Elaboración de actividades facendo uso do software que se inclúe no equipamento Abalar.

 · Elaboración de actividades facendo uso das ferramentas educativas da Web 2.0.

 · Emprego de ferramentas colaborativas, tanto de aplicación directa na aula como para compartir materiais e experiencias entre o profesorado e alumnado do mesmo ou outros centros.

 · Emprego de contidos dixitais educativos do Espazo Abalar e outros repositorios, e creación de novos contidos educativos dixitais mediante o uso de ferramentas de autor.

 · Clasificación de recursos de interese para a docencia.

 · Emprego didáctico das webs dinámicas dos centros (aulas virtuais, portal do centro).

 · Elaboración de “Aventuras na Web”.

 · Establecemento de estratexias para dinamizar as TIC no centro.

 ...