Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
TecnoloxíaO noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEMTeremos un grupo de 25 alumn@s de 1º ESO de Campamento "Científico-Tecnolóxico-Enxeñería-Matemático" na semana do 2 ao 8 de decembro deste ano. Serán 13 nenas e 12 nenos que terán a oportunidade de participar nun escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez mais, sobre os diversos campos da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas - STEM. Esta actividade está organizada baixo a acción de Estratexia Galega de Educación Dixital (EduDixital2020) nas instalacións do Centro Vermislab. » Os nosos alumnos de 1º ESO participan nos obradoiros de Robótica na Cidade da Cultura.O martes pasado, 31 de maio, os nosos alumnos participaron nos obradoiros de Programación e de Robótica na Cidade da Cultura. Puideron coñecer a R2D2! Coñeceron ademais, a un grupo de persoas que se esforzan en traballar coas novas tecnoloxías, e fomentar unha cidadanía con coñecemento dixital. Os obradoiros estaban adicados a programar en Scratch (proxectos de programación nunha contorna de fácil aprendizaxe). Tamén traballaron programando uns Robots LEGO NXT e experimentaron con proxectos divertidos e asombrosos de ciencias e tecnoloxía... Ata tocaron un piano feito de froitas! Participaron nunha charla sobre os riscos de navegar por Internet. Sacaron en claro, que é fundamental o apoio dos pais (control parental) e tamén o de crear contrasinais súper-seguras... ("un para todos e todos para un!" = "1xaTo2eTo2xa1!"). Ollaron a Cidade da Cultura dende o Monte Gaias en Santiago de Compostela, un espazo aberto e cheo de posibilidades... Portáronse xenial e pasárono fenomenal! Graciñas por todo!
Celebramos o Día da Ciencia en Galego!Como hai políticos que cren que a nosa lingua non serve para ser científica, nos centros de ensino empeñámonos en demostrar que si. E resulta ben doado! Un ano máis, no noso centro decidimos dar o protagonismo ao alumnado de Diversificación para que fosen eles e elas quen demostrase que a ciencia pode explicarse en galego, converténdose en profesorado por un día. E que ben o fixeron! As experiencias xiraron arredor da luz e da óptica. Ver Fotos » O noso Renacuajo fallou! pero non importa, pasámolo ben...O pasado venres 24 de abril, fomos participar ao I Concurso de Robótica a Escola de Enxeñería Industrial en Vigo. Levábamos dous Robots Sigue Líneas que funcionaban moi ben... Decidimos que participara o Renacuajo e debeulle temblar as pernas... na última recta parouse! De todos xeitos íamos ser terceiro ou cuarto, no caso mais favorable... Os rivais foron dignos. Aprendemos que o importante é participar! Pasar, pasámolo ben, outra vez será!
...mirade o vídeo!
...e mirade as fotos!
Ler mais: Faro de Vigo - Noticia
Visita ao parque experimental de SotaventoComo xa ven sendo tradicional, o pasado mércores 9 de abril de 2015 o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía visitou o parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de física e tecnoloxía acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respetuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable. Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía O Día da Ciencia en Galego no IES LaxeiroCelebramos o Día da Ciencia en Galego (4 novembro) co motivo dos sensores, e fixémolo no entorno mais común destes, no mundo da Robótica! Os alumnos de 4º prepararon unha mostra de Robots LEGO. Visita a REGANOSAO pasado mércores, día 7de novembro de 2012, alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL). Ver FOTOS da Visita
» Visita escolas de Minas e TelecomunicaciónsO pasado luns día 12 de novembro estivemos visitando a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e a Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. A visita estivo organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química e orientada para o alumnado de 4º da ESO. Na visita mostráronnos diversos laboratorios e explicáronos algo sobre os proxectos que alí se realizan. Ademais o alumnado recibiu información sobre as titulacións que se imparten nestes centros e das tarefas que realizan os estudantes cando rematan as súas titulacións. » Dia da Ciencia en galego no IES LaxeiroO día 5 de Novembro celebrouse o Día da Ciencia en galego, este ano adicado á Tecnoloxía. Desde o IES Laxeiro sumámonos á homenaxe ao inventor estradense Ramón Verea e a Leonardo da Vinci realizando diversas actividades durante os recreos: Construcción da ponte de Leonardo, escritura en espello, trucos de maxia para despistar os sentidos e unha exposición con paneis informativos sobre os homenaxeados deseñados por Mar García. Aquí tendes algunhas fotos. O IES Laxeiro premiado no IV Concurso Galego de RobóticaOs alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º Bacharelato do IES Laxeiro de Lalín acadaron o segundo premio no IV Concurso Galego de Robótica. Celebrando o Ano Galego da Tecnoloxía 2012, o Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". Realizouse durante os días do 16 ao 20 de abril en Lugo. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. |
Novos números
|