Celebramos o Día da Ciencia en Galego!

Día da Ciencia en Galego

Como hai políticos que cren que a nosa lingua non serve para ser científica, nos centros de ensino empeñámonos en demostrar que si. E resulta ben doado! 

Un ano máis, no noso centro decidimos dar o protagonismo ao alumnado de Diversificación para que fosen eles e elas quen demostrase que a ciencia pode explicarse en galego, converténdose en profesorado por un día. E que ben o fixeron!

 As experiencias xiraron arredor da luz e da óptica.

     Ver Fotos

  Fixéronse as seguintes actividades:


- Exposición dos dous cartaces sobre os dous científicos galegos;  Carlos Gómez-Reino Carnota (Profesor e Físico-Óptico) e Isidro Parga Pondal (Profesor e Xeólogo).



- Exposición dun mural deseñado e elaborado polo alumnado de 4º de Diversificación, un grupo de alumnos/as de 1º ESO C (Mateo Portas, Mª Méndez Cacheda, Lucía Rguez. Frade e Alberto Rguez. Glez.) e dúas alumnas de 4º ESO (Silvia Bruguera e María Mato), guiados por Xusto, Mar e Arancha.

Mural
- Experimentos de Ciencia no corredor de Tecnoloxía da ESO, a cargo do alumnado de 4º de Diversificación, coa colaboración de Luis Gustavo Rguez., Xusto Calvo, e Jorge Fuentes. (Arco da vella - dispersión da luz, Polarización, Lentes, Flechas, Vaso de aceite que desaparece, Globo e raio láser, experimento de Huygens).

 

- Mostra dun experimento sobre sensores de luz con Arduino, por parte do alumno Uxío García Andrade de 2º de Bacharelato. Tres LDR (Resistencia Rependiente da Luz) controlando un LED (Diodo Emisor de Luz) RGB (colores primarios luz -> Red Green Blue). Ver o vídeo explicativo.

  

- Creación de papeis de auga (gotiñas de óleos sobre auga impresas en papel), a cargo de Arancha, tanto no corredor de Tecnoloxía como no patio durante os recreos.