Visita a REGANOSA

O pasado mércores, día 7de novembro de 2012,  alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL).   Ver FOTOS da Visita

Na Central Regasificadora REGANOSA tiveron a oportunidade de coñecer como funciona un complexo industrial de tecnoloxía "punta", manipulando e utilizando Gas licuado GLP. Asistiron a unha charla informativa moi técnico onde puideron apreciar a complexidade do proceso industrial, do control moi estricto e severo dos plans de control e seguridade. De feito isto foi o impedimento principal da visita que deixou moito que desexar a ver, analizar e estudiar... Viron maquetas e as distintas partes que forman esta central.

 O alumnado foi testigo e consciente dos perigos que se producen neste tipo de complexo industrial, e do potencial estratéxico económico de REGANOSA que supón para Galicia e España... Esta viaxe serviulles para tomar conciencia da complexidade do ámbito industrial e da necesidade de especialización e formación técnica de cara a optar unha ocupación laboral neste ámbito...