Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Renovación parcial do Consello Escolar do IES Laxeiro Novembro 2020De acordo coa Resolución do 30 de setembro de 2020, DOG do 8 de outubro, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Educación establécese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Por este motivo, desde a Dirección do centro comunícase que durante o mes de novembro vai ter lugar o proceso de renovación de membrops do Consello Escoplar do IES Laxeiro. Nesta renovación parcial de 2020 se van elixir: seis postos de profesorado, dos cales dous serán vacantes, un membro do sector Pais/Nais representando a ANPA do centro, dous membros do sector do alumnado e un membro de Administración e Servizos. O día 4 de novembro vai ter lugar a constitución da Xunta Electoral, órgano que regulará todo o proceso de renovación e que estará formada polo Director do centro e catro representantes dos diferentes sectores da Comunidade que serán elixidos por sorteo público o día 26 de outubro no Salon de Actos do IES Laxeiro. Na súa primeira convocatoria aprobará o calendario do proceso e publicará os correspondentes censos dos diferentes sectores que participan no citado proceso de renovación. Os listados do censo estarán expostos no taboleiro do centro. A partires dese día iranse publicando, nesta mesma canle, as diferentes informacións que a Xunta Electoral vaia anunciando. _ Constitución da Xunta Electoral - Calendario de eleccións ao Consello Escolar - Información dos diferentes sectores que participan no proceso - Proclamación de candidaturas - Circulares informativas - Candidatos electos - Constitución do renovado Consello Escolar
» |
Novos números
|